Curso de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación

Información do curso

Curso de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00027
Nome Curso de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

Neste curso achégase o alumnado á competencia na composición de documentos de carácter académico, e tamén de investigación. Deste xeito mellorarase na súa expresión escrita e afondarán no coñecemento das ferramentas para organizar un documento.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 03/09/2018 09:00 - 21/09/2018 14:00
Período de docencia 05/11/2018 - 30/11/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 0.7

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

  1. Mellorar a competencia na escrita
  2. Afondar no coñecemento da lingua galega
  3. Corrixir os textos
  4. Producir textos de calidade no ámbito académico

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

É un curso virtual.

Programa

PROGRAMA DO CURSO

 

1  Limiar. Coñecementos, habilidades e estratexias para a composición

    1.1  As relacionadas co código

    1.2  As relacionadas coa composición do texto

 

2  Poñémonos en marcha: primeiras decisións

    2.1  Sobre a estrutura do documento

    2.2  Sobre a forma do documento

 

3  O proceso de redacción: da idea ao papel (a construción do texto)

    3.1  As unidades superiores ao parágrafo

    3.2  Notas a rodapé e finais

    3.3  Citas

    3.4  Citación bibliográfica

    3.5  Referencias bibliográficas

    3.6  Referencias cruzadas

    3.7  Elementos tipográficos

    3.8  Táboas, imaxes, cadros, obxectos

    3.9 Abreviaturas, siglas, símbolos

 

4  A revisión do texto: a importancia das lecturas

    4.1  Revisión de contidos

    4.2  Revisión da lingua: a ortografía, a morfoloxía, a sintaxe. O léxico xeral. O léxico especializado. A puntuación

    4.3  Recursos de revisión

 

5  Os outros elementos do documento

    5.1  Cuberta

    5.2  Portada

    5.3  Índice de contidos

    5.4  Bibliografía e anexos

 

Modo de pagamento

Gratuíto.

 

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 20 horas de traballo.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

 

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais do sistema de avaliación establecido.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos