Corrección da escrita coas TIC

Información do curso

Corrección da escrita coas TIC


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00040
Nome Corrección da escrita coas TIC
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 25
Descrición

Curso destinado a persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre os recursos lingüísticos que a informática pon ao dispor da lingua galega.                               

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 03/09/2018 09:00 - 21/09/2018 14:00
Período de docencia 01/10/2018 - 26/10/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 0.8

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

  • Coñecer diferentes ferramentas de corrección e tradución, optimizar o seu uso e achegarnos a outros recursos que nos axudan a empregar unha lingua de calidade de maneira sinxela.
  • Achegar a realidade das linguas no contexto dixital e de comunicación global e coñecer as principais ferramentas de corrección dispoñibles para o galego.
  • Aprender a manexar ferramentas básicas para corrixir, traducir e consultar dúbidas lingüísticas que nos ofrecen as novas tecnoloxías.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

É un curso virtual.

Programa

Tema 1. Utilidades das TIC para as linguas

Tema 2. Lingua galega: actualidade e ferramentas TIC

Tema 3. O uso dos correctores de texto

Tema 4. Tradutores para o galego

Tema 5. Dicionarios e vocabularios de galego na rede

Tema 6. A autoaprendizaxe do galego na rede

Modo de pagamento

Gratuíto.

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 0,8 créditos ECTS.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

 

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais do sistema de avaliación establecido.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos