Atopa o teu curso

Información do curso

Como e onde buscar traballo


Tipo Taller
Código AEE.18.02.03
Nome Como e onde buscar traballo
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade semipresencial
Horas 5.5
Descrición

Por onde circulan as ofertas de traballo? Onde teño que ir buscar traballo? Actualmente existen varios canais por onde circulan as ofertas de traballo: os portais de emprego, as bolsas de traballo, as empresas de selección, a prensa,... Cada canal ten as súas propias características e especificidades. Vale a pena coñecelas moi ben e identificar os canais máis axeitados para realizar unha busca máis eficiente e eficaz.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130110 / 986812136
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Mª Reyes Fernández González. Técnica Superior en Orientación laboral. Área de Emprego e Emprendemento

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 14/06/2018 11:00 - 24/06/2018 23:59
Período de matrícula 04/04/2018 09:14 - 16/04/2018 13:05
Período de docencia 26/06/2018 - 03/07/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Estudantes finalistas ou titulados/as de calquera das titulacións impartidas na Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Obter un enfoque correcto na exploración de oportunidades, a elección da metodoloxía e o canal máis adecuado na busca de emprego.
  • Manexar distintas fontes de información de ofertas de emprego, dando prioridade ao emprego das TICs.

Condicións de acceso

Ser ou haber sido estudante ou titulado/a de calquera titulación da Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Por rigoroso orde de inscrición

Calendario

O 26 de xuño de 12 a 14 horas celebrarase a sesión presencial deste obradoiro na Sala IV do Edificio Miralles.

A parte non presencial consistirá na elaboración dun dossier cos canais de busca mais apropiados en relación ao traballo ao que se quere optar. A prazo de entrega será ata o 3 de xullo de 2018.

 

Programa

 1. Canais de mercado visible (todos eles consumen relativamente pouco tempo, xa que, actualmente se envia o CV rápidamente por medios telemáticos):

  • Bolsas de traballo.
  • Webs corporativas de empresas.
  • Intermediarios de mercado: consultorías de selección que anuncien as súaas necesidades de persoal.
  • Oposicións ou listas de contratación a organismos públicos.

 2. Canais de mercado oculto:

  • Networking ou rede de contactos. Existe o networking offline, formado por as persoas que coñeces no teu entorno laboral, familiar, persoal e/ou social ou en eventos do teu sector ou feiras de emprego; e, o networking online, composto principalmente polas redes sociais que naceron cunha finalidade profesional, como Linkedin ou Xing.
  • Cazatalentos ou head hunters, que buscan candidaturas que encaixen en ofertas que non aparecen públicamente.
  • Outros: creando unha empresa, facendo prácticas previas nunha compañía, etc.

 

Modo de pagamento

Gratuíto

Impartido en

Sala IV do Edificio Miralles do campus de Vigo

Profesorado

Mª Reyes Fernández González. Técnica en Orientación Laboral da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

As persoas inscritas recibirán un diploma de asistencia que lles permitirá ter un recoñecemento por 5.5 horas, sempre que asistan (2h.) e entreguen en prazo e forma o traballo correspondente a parte non asistencial (3.5 h.)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos