Atopa o teu curso

Información do curso

IV Curso de técnicas manipulativas nas extremidades


Tipo Curso Complementario
Código C2051803
Nome IV Curso de técnicas manipulativas nas extremidades
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 40
Información de contacto:  
 · Teléfono 801750 - 801752
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Fisioterapia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 27/02/2018 10:56 - 20/09/2018 23:59
Período de matrícula 01/03/2018 10:57 - 21/09/2018 10:57
Período de docencia 21/09/2018 - 07/10/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 18
Número máximo de participantes 24
Créditos teóricos 0.5
Créditos prácticos 3.5
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2017-18 sexan de 2º curso do Grao.

Condicións de acceso

Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno/a de 2º, 3º ou 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2017-18.

Criterios de selección

Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas, alumnado de 4º curso, de 3º curso e de 2º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.

Calendario

Do 21 de setembro ao 7 de outubro de 2018.
Horario: VENRES 21 de setembro e 5 de outubro: de 15:30 a 20:30 horas; SÁBADOS 22 de setembro e 6 de outubro: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e DOMINGOS 23 de setembro e 7 de outubro: de 9:00 a 14:00 horas.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Fisioloxía das manipulacións
Concepto hipo-hipermobilidade
Indicacións das manipulacións con impulso
Contraindicacións das manipulacións con impulso
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Valoración e biomecánica da cintura escapular, técnicas manipulativas (da cabeza umeral, da esternoclavicular, da acromioclavicular, da escápula e da 1ª costela) e casos clínicos (síndrome do desfiladeiro, impingement subacromial, cervicobraquialxia,...).
Valoración e biomecánica do cóbado, técnicas manipulativas (do cóbado, do radio e do cúbito) e casos clínicos (epicondilalxias, síndrome do pronador,...).
Valoración e biomecánica do pulso e da man, técnicas manipulativas (da radiocarpiana, dos osos do carpo, do 1º dedo e das metacarpofalánxicas) e casos clínicos (túnel carpiano, tendinite de De Quervain,...).
Valoración e biomecánica do pé, técnicas manipulativas (da tibia, do peroné, do astrágalo e calcáneo, do escafoide, cuboide e cuneiformes, das metatarsofalánxicas e do 1º dedo) e casos clínicos (fascite plantar, síndrome do canal tarsiano, entorse,...).
Valoración e biomecánica do xeonllo, técnicas manipulativas (do xeonllo, da tibia, do peroné, para menisco e ante un corpo estraño) e casos clínicos (síndrome de hiperpresión rotuliana externa, meniscite,...).
Valoración e biomecánica da cadeira, técnicas manipulativas (da cadeira e ante corpo estraño na mesma) e casos clínicos (bursite trocantérea, impingement femoroacetabular,...).

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 157€. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome e o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

Sistema de avaliación

Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos