Como empregar a mentoría na docencia universitaria (Campus de Vigo)

Información do curso

Como empregar a mentoría na docencia universitaria (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPMENT18VI
Nome Como empregar a mentoría na docencia universitaria (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

O programa contempla a formación do profesorado na metodoloxía de mentoría e a súa aplicación na docencia.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Como empregar a mentoría na docencia universitaria insírese dentro das actividades formativas institucionais para o persoal docente da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está coorganizado pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 28/02/2018 12:00 - 17/05/2018 23:59
Período de docencia 02/10/2018 - 16/10/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

-Coñecer que é a mentoría coma metodoloxía de desenvolvemento e os seus beneficios na docencia.
-Aprender a empregar a mentoría na práctica diaria docente.
-Manexar ferramentas de mentoría para empregar na aula.

Calendario

Calendario: 2, 9 e 16 de outubro.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

1. Que é a mentoría?
    -Diferenzas con outras metodoloxías.
    -Bases e principios da metodoloxía.
    -Obxectivos e beneficios.

2. Aplicación da mentoría á docencia:
    -Competencias do mentor/a na educación universitaria.
    -O proceso de aprendizaxe coa metodoloxía.

3. Ferramentas de mentoría para docentes:
   -Ferramentas de autocoñecemento e desenvolvemento do/a docente.
   -Ferramentas de mentoría na relación e comunicación co alumnado.
   -Ferramentas de xestión do estrés docente e saúde física e psicolóxica do profesorado no seu rol de mentor.

 

Impartido en

Campus de Vigo. Aula Pensadoiro da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80%  das sesións presenciais do curso.

Profesorado

Teresa Molezún e Carmen Vázquez de Prada

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos