Práctica do discurso oral na aula (Campus de Vigo)

Información do curso

Práctica do discurso oral na aula (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPRAD18VI
Nome Práctica do discurso oral na aula (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A acción busca que as persoas que participen se formen en aspectos fundamentalmente prácticos da lingua inglesa para desenvolver mellor as actividades habituais da aula.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Práctica do discurso oral en inglés na aula insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/03/2018 12:00 - 17/05/2018 23:59
Período de docencia 04/06/2018 - 15/06/2018

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Para acceder ao curso esixirase acreditación do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Terán preferencia aquelas persoas que xa estean a impartir docencia en inglés ou que consten en POD como as encargadas de impartir algunha materia para o ano académico 2018/19. A documentación enviarase ao facer a preinscrición a innovacion.educativa@uvigo.es.

As persoas que non teñan a acreditación ou que esta estea caducada poderán presentarse á proba de nivel.

Obxectivos

  • Mellorar a competencia comunicativa en inglés no ámbito académico e nas actividades habituais na aula na lingua meta.
  • Levar á práctica recursos  relacionados coa actividade docente: a xestión da aula, a instrución ao alumnado e as presentacións orais.

Criterios de selección

Ofertaranse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Proba de nivel: 28 de maio ás 10 horas na aula Newton 13.
Días: 4, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 e 15 de xuño de 12 a 14 horas.

Programa

A. Presentamos o curso
    1. Expresións empregadas para estruturar a información.
    2. Técnicas lingüísticas destinadas a manter a atención do alumnado: entoación, palabras acentuadas...

B. Recompilamos os materiais
    Manexo dos termos máis comúns nas fontes de coñecemento máis habitual empregadas para extraer materias.

C. Impartimos docencia (aulas grandes)
    1. Expresións máis habituais empregadas nas aulas.
    2. Os recursos visuais: diagramas, fórmulas matemáticas, gráficos, imaxes, mapas conceptuais, operacións etc.

D. Impartimos docencia (seminarios)
    Quendas de palabra, esixindo participación...

E. Damos instrucións ao alumnado
    1. Expresións empregadas para explicar ao alumnado o que esperamos sobre o seu seguimento da materia.
    2. Aconsellamos: should, shouln’t.

F. Requirimos e revisamos encomendas
    1. Expresións empregadas para pedir e revisar as encomendas que o alumnado debe entregar cunha determinada periodicidade.
    2. Tempos verbais: o futuro e o pasado.

G. Falamos co estudantado
    Expresións empregadas nas reunións entre as persoas que coordinan os graos/titorías/profesorado en xeral e o alumnado.

H. Avaliamos ao alumnado
    Expresións empregadas nos exames orais, nos exames escritos e nas encomendas.

I.  Proporcionamos retroalimentación ao estudantado
    Expresións empregadas para explicarlle os erros cometidos e/ou o que esperaba que fixesen.

L. Titorización do alumnado: reunións de traballo
    Expresións máis habituais empregadas nas reunións con alumnos/as: dar a benvida á reunión, establecer a finalidade da reunión, ceder a palabra, dar e pedir opinións, interrupcións, quendas de palabra e finalizar a reunión.

M. Recibimos ao alumnado estranxeiro
    Expresións necesarias para dar a benvida ao alumnado estranxeiro, dar información e responder a preguntas sobre os diferentes servizos da universidade, sobre a metodoloxía docente etc.

N. Diriximos e/ou corriximos traballos de investigación
    Expresións habituais para aconsellar ao alumnado sobre a súa investigación.

Ñ. Solucionamos as dúbidas que poidamos ter.

Impartido en

Campus de Vigo. Campus de Vigo. Aula B9 do pavillón B da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a máis do 80% das horas do curso.

Profesorado

Profesorado do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos