Atopa o teu curso

Información do curso

ATENCIÓN EDUCATIVA DA DISCAPACIDADE AUDITIVA: MELLORA DA PRÁCTICA DA LINGUA DE SIGNOS


Tipo Curso Complementario
Código CX041801
Nome ATENCIÓN EDUCATIVA DA DISCAPACIDADE AUDITIVA: MELLORA DA PRÁCTICA DA LINGUA DE SIGNOS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 988387428
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigacion

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 22/12/2017 00:00 - 23/02/2018 23:59
Período de matrícula 22/12/2017 00:00 - 23/02/2018 23:59
Período de docencia 26/02/2018 - 15/03/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 40
Número máximo de participantes 110
Créditos teóricos 0.5
Créditos prácticos 2.5
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

Titulados universitarios do eido da educación, estudantes de graos e posgraos en Educación e en xeral, todos aqueles profesionais interesados por adquirir unha formación básica na comunicación coa comunidade con discapacidade auditiva.

Condicións de acceso

1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Daráse prioridade a aquelas persoas que cursaron as edicións anteriores.

Criterios de selección

Orde de matrícula.

Calendario

Horario: de luns a xoves, de 19:00 a 21:30 (30 horas)

Comezo do curso: luns 26 de febreiro
Fin do curso: xoves 15 de marzo

Campus de Ourense - Fac. Cc da Educación

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Resposta educativa para o alumnado con discapacidade auditiva. Importancia das dimensións físicas dos centros.
Intervención educativa para alumnado con discapacidade auditiva
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Os deportes
O entorno e os seus elementos
Os clasificadores e os seus usos
Expresións e frases feitas
A sintaxe na LSE
Creación e interpretación de contos
Creación e interpretación de cancións
Comprensión signada de persoas xordas
Achegamento á xordocegueira
Somos quen de comunicarnos?

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 23,75€. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o nome e o código do curso, ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a

Sistema de avaliación

Participación e aproveitamento nas sesións establecidas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos