Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual)

Información do curso

Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPINFO18VIR
Nome Creación de infografías e deseños vectoriais (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Descrición

Curso eminentemente práctico no que se adquirirán as habilidades necesarias para a creación de elaboradas infografías. Ademais de aprender a usar Inkscape, tamén se tratarán aspectos concretos do deseño gráfico, a busca e obtención de imaxes legais, conversión e transformación delas, elaboración de composicións gráficas máis básicas, como sombras, gradientes, logotipos, sinais etc., que logo completarán e formarán parte das propias infografías finais. Comezarase con tarefas básicas, para logo ir aumentando paulatinamente a complexidade dos traballos para conseguir resultados máis interesantes, logrados, coherentes e integrados.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Creación de infografías e deseños vectoriais insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/01/2018 12:00 - 19/04/2018 23:59
Período de docencia 03/05/2018 - 24/05/2018

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

.

Obxectivos

  • Comprender os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
  • Afondar na capacitación no uso de ferramentas dixitais para a creación de imaxes vectoriais.
  • Ser quen de personalizar as contornas de traballo da edición vectorial, así como as súas ferramentas e as opcións.
  • Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para complementar as composicións gráficas desexadas.
  • Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
  • Crear ou modificar calquera tipo de composición visual, para combinala en calquera proxecto.
  • Dominar os conceptos básicos da cor, composición e escena, para a creación de infografías e composicións complexas.
    Mellorar a calidade de calquera traballo dixital (presentacións, memorias, páxinas web...).

Calendario

 Do 3 ao 24 de maio.

Programa

  1. Introdución (2 horas):
    -Software gráfico libre e non libre.
    -Obtención e instalación.
    -Tipos de imaxes e usos.
    -Interface gráfica de Inkscape.
    -Obtención de recursos gráficos legais.

  2. Deseño vectorial básico (6 horas):
    -Manexo básico de obxectos.
    -Formas, propiedades e transformacións.
    -Orden Z e capas.
    -Textos e caligrafía.
    -Recheos, gradientes e trazos.
    -Copiar, duplicar e clonar.

  3. Nodos e trazos (6 horas):
    -Transformacións a trazos.
    -Operacións booleanas.
    -Manexo de nodos.
    -Simplificación.
    -Vectorización.

  4. Infografías (3 horas):
    -Significado e busca de información.
    -Composición e proporción estética.Trucos e consellos para un ilustrador/a.
    -Exemplos e traballos completos.

  5. Efectos e filtros adicionais (3 horas):
    -Filtros.
    -Extensións.
    -Pixart.
    -Interpolacións.
    -Máis efectos artísticos.

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen as actividades do curso.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

Enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.

Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde  multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos