WordPress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Campus de Vigo)

Información do curso

WordPress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPWORD18VI
Nome WordPress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

O curso busca que o profesorado poida xerar e modificar os contidos en blogs e webs, identificando  as necesidades de comunicación e a personalizando os contidos e deseño.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso WordPress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 12/01/2018 12:00 - 30/04/2018 23:59
Período de docencia 08/05/2017 - 29/05/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Comprender a linguaxe HTML para a creación e modificación de contidos en blogs e webs.
  • Capacidade para instalar e manter o CMS WordPress.
  • Identificar temas e complementos de WordPress en webs externas para o seu emprego nunha web persoal.
  • Identificación de necesidades de comunicación en WordPress e a súa solución.
  • Personalización de contidos e deseño dunha web con WordPress empregando compositores visuais que non requiren programación.

Calendario

Calendario: 8, 15, 22 e 29 de maio.
Horario: de 16 a 19 horas.

Programa

  • Creación e xestión de contidos web en wordpress.com: menús, páxinas, artigos, comentarios e xestión do backend.

  • Instalación de WordPress nun servidor propio e migración dos datos de de wordpress.com a wordprss.org.

  • Plugins en WordPress: esenciais, seguridade e copia de seguridade.

  • Templates e personalización do blog: compositores visuais para mudar a apariencia gráfica.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala IV do edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80%  do curso e superen a parte non presencial.

 

Observacións:

É imprescindible que os/as asistentes ao curso teñan unha conta de correo do tipo "nome@uvigo.es".

Profesorado

Luis Xabier Martínez Rolán

Profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, con ampla experiencia no desenvolvmeento e matemento de webs baseadas en Wordpress. Actualmente imparte un Módulo de Wordpress de 15h no Master de Marketing Digital da USC (2015 – actualidade) e impartiu dous cursos de Introducción de Wordpress (20h) entre o profesorado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no Campus de Pontevedra (2016 e 2017).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos