O proceso de selección: tests psicotécnicos, dinámicas de grupo e entrevistas de selección

Información do curso

O proceso de selección: tests psicotécnicos, dinámicas de grupo e entrevistas de selección


Tipo Taller
Código AC00746
Nome O proceso de selección: tests psicotécnicos, dinámicas de grupo e entrevistas de selección
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 5
Descrición

O proceso de selección comeza cando na empresa xorde unha necesidade e se busca unha persoa para cubrila. Pode ser algo temporal (baixa médica, pico de produción) ou dilatado no tempo (sustitución por xubilación, posto de nova creación ou substituír unha vacante). A empresa determina o perfil persoal e o profesiograma que utilizará como guía para a entrevista, as probas psicolóxicas e doutro tipo.

A empresa fai unha preselección das candidaturas que máis se axustan ao profesiograma do posto e as cita telefonicamente para entrevista. A entrevista de selección é o encontro coa empresa na que se coñece a uns poucos candidatos e candidatas e se decide o/a máis adecuado para o posto. A veces a empresa realiza máis dunha entrevista para un mismo proceso, polo que é conveniente informarse de en que fase do proceso estamos e cal é o seguinte paso.

Ademáis en función do posto pode realizar distintas probas de selección: psicotécnicos (miden o potencial de cada candidatura: personalidade, competencias, aptitudes) probas profesionais (miden coñecementos e procedementos dunha profesión), dinámicas de grupo (avalían a interacción en grupo) ou probas de idiomas, si o posto o require. Coa valoración do perfil das candidaturas e do posto, a empresa fai unha previsión do axuste de cada persoa para decidirse por unha. 

Pero, cales son os aspectos chaves para afrontar con éxito un proceso de selección?

Información de contacto:  
 · Teléfono 986130110 / 986812136
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Área de Emprego e Emprendemento é unha unidade de xestión dependente da Vicerreitoría de Estudantes que ten como obxectivo fundamental facilitar, en colaboración con administracións, empresas e outras institucións, o acceso ao mercado laboral das persoas tituladas na Universidade de Vigo.

O Persoal técnico e administrativo propio desenvolve as súas funcións nos seguintes ámbitos:

  • Prácticas externas dos estudantes da Universidade de Vigo.
  • Ofertas de emprego en empresas e institucións.
  • Orientación Laboral.
  • Formación e asesoramento para a inserción laboral e o exercicio profesional.
  • Apoio, formación e asesoramento a proxectos emprendedores.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 22/12/2017 13:09 - 21/01/2018 13:09
Período de matrícula 22/12/2017 13:09 - 21/01/2018 13:09
Período de docencia 23/01/2018 - 07/02/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Estudantes finalistas e titulados e tituladas de calquera titulación impartida pola Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Capacitar para afrontar os procesos de selección: características das entrevistas de selección e formulación e resolución das probas psicotécnicas e das dinámicas de grupo.
  • Ofrecer ferramentas para enfrontarse con éxito a unha entrevista de traballo.

Condicións de acceso

Ser ou haber sido estudante ou titulado/a de calquera titulación da Universidade de Vigo.

Criterios de selección

Por rigoroso orde de inscrición.

Calendario

O 23 de xaneiro de 12 a 14 horas realizarase a sesión presencial.

Programa

PROBAS DE SELECCION

 Probas profesionais: avalían os coñecementos propios dunha profesión.

  • Probas e exámes profesionais.
  • Cuestionarios técnicos.
  • Exercizos de simulación. 

Probas psicotécnicas: avalían o potencial do candidato ou candidata.

  • Intelixencia xeral.
  • Razonamento abstracto.
  • Numéricas.
  • Mecánicas.
  • Capacidade verbal.
  • Capacidade sensorial.
  • De personalidade. 

Dinámicas de grupo: avalían o comportamento dunha candidatura dentro dun grupo.

  • Simulacións.
  • In Basket.
  • Situaciones de grupo.

ENTREVISTAS DE TRABALLO

  • Definición
  • Obxectivos
  • Tipos
  • Preguntas maís frecuentes 

Modo de pagamento

Gratuíto

Impartido en

Sala IV do Edificio Miralles do campus de Vigo

Profesorado

Mª Reyes Fernández González. Técnica en Orientación Laboral da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos