Atopa o teu curso

Información do curso

Redacta con claridade e mellora a túa redacción


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00039
Nome Redacta con claridade e mellora a túa redacción
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade virtual
Horas 15
Descrición

Curso destinado a persoas interesadas en coñecer as claves e as técnicas para redactar de forma correcta, eficaz e actual.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/02/2018 09:00 - 23/02/2018 14:00
Período de docencia 01/03/2018 - 23/03/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

  1. Poñer en valor a utilidade de planificar e ordenar a información dos nosos textos.
  2. Presentar o concepto de lexibilidade e reflexionar sobre as variables que inflúen na lexibilidade dun texto.
  3. Traballar as cuestións que debemos ter en conta á hora de redactar e revisar o que escribimos.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

Calendario

É un curso virtual.

Programa

 

PROGRAMA DO CURSO

 

Tema 1. Redactar con calidade

1.1  Comezar a escribir

1.2  Unha imaxe para a reflexión

1.3  A planificación

1.4  Definir o obxectivo

1.5  Xerar as ideas

1.6  Organizar o contido

1.7  A redacción do texto

Tema 2. Claves para unha redacción eficaz

2.1  O feito de escribir

2.2  A descontextualización

2.3  A estabilidade do texto

2.4  A adquisición

2.5  As resistencias

2.6  Unha lingua eficaz

2.7  Concepto de lexibilidade

2.8  Os rexistros

2.9  Tipos de rexistros

2.10  O estándar

Tema 3. Puntuar un texto

3.1  O punto

3.2  A coma

3.3  O punto e coma

3.4  Os dous puntos

3.5  Os puntos suspensivos

3.6  As aspas ou comiñas

3.7  O trazo ou guión

3.8  A interrogación e a admiración

Tema 4. Maiúsculas e minúsculas

4.1  Maiúsculas e minúsculas

4.2  Por que son complicadas a maiúsculas

4.3  Como escribimos

4.4  O nome de entidades

4.5  Para ter en conta

4.6  As denominacións de cargo

4.7  Os nomes de lugar

4.8  Os títulos de obras e leis

4.9  Os cronónimos

4.10  Os documentos acreditativos

4.11  Guía rápida

4.12  Maiúsculas

4.13  Con maiúscula só a primeira

4.14  Minúsculas

Tema 5. A revisión do texto

5.1  A revisión do texto

5.2  A coherencia

5.3  A cohesión

5.4  A redacción

5.5  Parágrafos

5.6  Frases

5.7  Palabras

5.8  A presentación

 

 

 

 

Modo de pagamento

Gratuíto.

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 15 horas de traballo.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

 

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais do sistema de avaliación establecido.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos