Galego: actualízate

Información do curso

Galego: actualízate


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00038
Nome Galego: actualízate
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 40
Descrición

Curso destinado a persoas que desexen mellorar os coñecementos lingüísticos ou repasar cuestións que adoitan resultar máis problemáticas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/02/2018 09:00 - 23/02/2018 14:00
Período de docencia 02/04/2018 - 27/04/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria.

Obxectivos

  1. Achegármonos aos conceptos de estándar da lingua galega e do conxunto de linguas do mundo.
  2. Acadar coñecementos e criterios de elaboración do estándar da lingua galega e da súa normativa oficial.
  3. Coñecer os aspectos ortográficos necesarios para escribir correctamente en galego e adquirir os recursos precisos para corrixir os empregos incorrectos.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de inscrición.

 

Calendario

É un curso virtual.

Programa

 

PROGRAMA DO CURSO

 

Tema 0. Itinerario inicial

1  Que é un estándar?

2  O estándar do galego

3  As linguas do mundo

4  As linguas de Europa

Tema 1. O artigo

1.1  Que debemos saber do artigo

1.2  Sabes como se utiliza a segunda forma do artigo?

1.3  Con que contrae o artigo?

1.4  Que cambiou no 2003?

1.5  Os erros máis frecuentes

Tema 2. Os demostrativos

2.1  Cales son as formas do demostrativo

2.2  Como funciona o demostrativo

2.3  Con que contrae o demostrativo

2.4  Que cambiou?

2.5  Os erros máis frecuentes

Tema 3. Os numerais

3.1  Os numerais cardinais

3.2  Os numerais multiplicativos

3.3  Os numerais partitivos

3.4  Os numerais ordinais

Tema 4. Outros determinantes

4.1  Erros máis frecuentes

4.2  Todo/a, todos/as

4.3  Ambos/as

4.4  Calquera

4.5  Algún(s), algunha(s), algo, alguén

4.6  Mesmo, mesma, mesmos, mesmas

Tema 5. Que, quen, canto e outros pronomes

5.1  Que, quen, canto e outros

5.2  Que precisamos saber?

5.3  Que cambiou no 2003?

5.4  Con ou sen interrogación?

Tema 6. As terminacións das palabras I

6.1  -cia, -cio, -za, -zo

6.2  -ble/-bel

6.3  -eo, -eu

6.4  -ao, -au

6.5  -us, -um, -o

Tema 7. As terminacións das palabras II

7.1  -aría/-ería

7.2  -tade, -dade

7.3  Masc. -án/Fem. -á

7.4  Masc. -ón/Fem. -oa

Tema 8. Palabras de ortografía dubidosa

8.1  Ortografía B/V

8.2  Escríbense con B

8.3  Escríbense con V

8.4  Outras palabras de grafía dubidosa

Tema 9. CT, CC e outros encontros de consoantes

9.1  Grupo -CT- e -CC-

9.2  Outros grupos cultos

Tema 10. Adverbios, preposicións e conxuncións

10.1  Adverbios

10.2  Preposicións e locucións

10.3  Conxuncións

10.4  Resumo das modificacións

Tema 11. Como acentuar

11.1  Regras xerais

11.2  Casos especiais

Tema 12. O verbo

12.1  Erros nos verbos regulares

12.2  Erros nos paradigmas irregulares

12.3  Erros nos tempos

12.4  Perífrases verbais

12.5  Houbo algunha modificación?

Tema 13. O pronome persoal

13.1  O pronome persoal tónico

13.2  Formas rectas

13.3  Formas oblicuas

13.4  O pronome persoal átono

13.5  Complemento directo

13.6  Complemento indirecto

13.7  A confusión dativo-acusativo

13.8  A colocación do pronome átono

13.9  O pronome reflexivo

Tema 14. Itinerario final

14.1  Os cambios

14.2  Mudanzas obrigatorias

14.3  Mudanzas opcionais

 

Modo de pagamento

Gratuíto.

 

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 40 horas de traballo.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais do sistema de avaliación establecido.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos