Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Pontevedra)

Información do curso

Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Pontevedra)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPAPP18VI
Nome Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 20
Descrición

A actividade formativa axudará a desenvolver aplicacións móbiles para android, desde a súa concepción, o bocetado, a programación (sen necesidade de coñecer linguaxes de programación) mendiante compiladores de aplicacións como AppInventor e Thunkable, a exportación e a instalación das aplicacións nos diferentes teléfonos móbiles e tablets que funcionen baixo o sistema operativo Android.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está coorganizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 26/12/2017 12:00 - 04/04/2018 23:59
Período de docencia 10/04/2018 - 24/04/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Comprender os principios do deseño de aplicacións para móbiles.
  • Identificar os diferentes tipos de aplicacións.
  • Capacidade para crear prototipos funcionais de apps webs móbiles para android.
  • Capacidade para crear  prototipos funcionais apps webs nativas para android.
  • Dominar os principais elementos de interacción das aplicacións móbiles: botóns, canvas, integración con outros elementos do teléfono móbil (mail, fotos, mapas...).

Calendario

Calendario: 10, 17 e 24 de abril.
Horario: de 16 a 19 horas.

Programa

  • Desenvolvemento da idea matriz de competencia. (2 horas a distancia).
  • Bosquexado da aplicación. (2h presenciais e 2 a distancia).
  • App inventor e Thunkable. Exportación e instalación da aplicación. 14h (6 presenciais e 8 a distancia).

Impartido en

Campus de Pontevedra. Aula de informática da Facultade de Fisioterapia.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80%  das sesións presenciais do curso e obteñan a cualificación de apto/a na parte non presencial.

Profesorado

Luis Xabier Martínez Rolán

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, con experiencia en xestión de contidos web e redes sociais para empresas e institucións ata 2017, momento no que se incorpora á Universidade como Profesor Axudante Doutor.

De 2013 a 2016 foi profesor asociado na Universidade de Vigo, onde imparte varias materias relacionadas co eido dixital. Entre elas, a materia Proxectos interactivos en novos medios: telefonía móbil e TDT na que aborda o proceso de idea, prototipado e plan de viabilidade dunha aplicación para dispositivos móbiles, empregando AppInventor e Thunkable na parte práctica da materia.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos