Atopa o teu curso

Información do curso

Deseña o modelo de negocio dunha empresa baseada en resultados de investigación: Spin-Off (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do persoal docente
Código PFPPSPIN18VI
Nome Deseña o modelo de negocio dunha empresa baseada en resultados de investigación: Spin-Off (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 8
Descrición

O curso axudará a deseñar o modelo de negocio dunha Spin-Off; analizando aquelas variables que poidan ser clave para a viabilidade da empresa, por exemplo: a que clientela se vai dirixir, os problemas e/ou necesidades da devandita clientela, como vai ser rentable a compañía ou as alianzas que satisfará.
A través do uso de metodoloxías de desenvolvemento de negocio, adaptadas ás empresas xurdidas de centros de investigación, poderase obter unha visión panorámica e avaliar os aspectos internos e externos máis relevantes da empresa.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Deseña o modelo de negocio dunha empresa baseada en resultados de investigación: Spin-Off insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está coorganizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado; e a Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 14/12/2017 12:00 - 11/01/2018 23:59
Período de docencia 16/01/2018 - 23/01/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Analizar as variables que poidan ser claves para a viabilidade da empresa.
  • Adaptar as metodoloxías de desenvolvemento de negocio á Spin-Off que se queira xerar.
  • Avaliar os aspectos internos e externos máis relevantes da empresa.

 

Calendario

Calendario: 16 e 23 de xaneiro.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

   Día 1:

  1. Coñecemento da metodoloxía.
  2. Identificación da tecnoloxía base da empresa.
  3. Mapa de valor.
  4. Coñecemento do/a cliente e a súa segmentación.
  5. Proposta de valor para cada cliente/a.
  6. Validación de hipóteses ante potenciais clientes/as.

   Día 2:

  1. Lenzo do modelo de negocio.
  2. Deseño do modelo de negocio.
  3. Perfeccionamento do modelo de negocio.
  4. Estratexia de validación.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80%  do curso.

Profesorado

Roberto Graña Escalante

A súa actividade profesional está orientada á xestión da innovación e asesoramento empresarial, polo que desenvolveu funcións tanto en organismos públicos coma no sector privado. Ao longo do tempo exerceu diferentes responsabilidades no deseño, desenvolvemento e xestión de programas vinculados á innovación e emprendemento, sendo asesor na creación de Empresas Baseadas no Coñecemento e en procesos de transferencia de tecnoloxía en universidades coma a de Santiago de Compostela, Valladolid, Córdoba ou a Carlos III de Madrid.

Foi socio consultor de BluBusiness, Innovation and Bussines Development e na actualidade é o responsable da plataforma de consultoría EXEO (www.exeo.es), onde se dedica ao asesoramento de proxectos empresariais xurdidos de centros de investigación, así como a procesos de inversión en capital-risco e business angels.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos