Alarma e evacuación (Vigo - tarde)

Información do curso

Alarma e evacuación (Vigo - tarde)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLSPO1700404
Nome Alarma e evacuación (Vigo - tarde)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 4
Descrición

Curso especialmente pensado para o persoal que forma parte dos equipos de alarma e evacuación nos plans de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

 

Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Seganosa.

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/10/2017 14:00 - 20/11/2017 14:00
Período de docencia 23/11/2017 - 23/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

 

Terá preferencia o persoal docente e investigador e de administración e servizos dos centros do Campus de Vigo nos que se están implantando os plans de autoprotección neste momento. En particular, ten especial interese para os equipos de emerxencia:

  • Equipos de alarma e evacuación.
  • Directores da emerxencia.
  • Xefes de intervención.
  • Traballadores en xeral implicados no plan de emerxencia.

 No caso de quedar prazas libres, poderá asistir o persoal doutros centros.

 

Obxectivos

  • Coñecer as pautas de evacuación para poder desaloxar un centro de forma segura, así como manexar os extintores de po e CO2 de maneira correcta.
  • Realizar unha evacuación dun centro de forma organizada, ordenada e sen causar danos maiores.
  • Concienciarse dos riscos que expón tanto un pequeno incendio como unha evacuación nun centro universitario.

Calendario

Data: 23 de novembro de 2017

Horario: 16:00 h. a 20:00 h.

Programa

     CONTIDO TEÓRICO - PRÁCTICO

    1. Instalacións e medios de protección contra incendios: detección, alarma e extinción.
    2. Autocontrol emocional en urxencias e catástrofes. Xestión de conflitos.
    3. Percorridos e/ou rutas de evacuación.
    4. Comportamento en situacións de emerxencia.
    5. Pautas de actuación:
    Normas fundamentais de evacuación.
    Elementos de protección activa e pasiva.
    Sectorización. Auto socorro e evacuación de compañeiros.
    Zona segura: reunión e recontos.
    6. Plan de Urxencia (organización e operatividade). Aspectos concretos na organización:
    Funcións dos equipos de evacuación e alarma.
    Funcións dos equipos de intervención.
    7. Exercicio práctico de manexo de extintores de po e de CO2: extinción de focos illados. Manexo, características e propiedades dos extintores de po e de CO2.
    Organización e realización dun exercicio de evacuación nun ou varios escenarios.
    Evacuación total do aula onde se imparte a formación con visión anulada.
    Reingreso ao aula con visión anulada co obxectivo de rescatar a unha vítima e levala ao momento de encontro.
    Evacuación parcial dun sector da universidade se é posible.

 

Impartido en

O curso impartirase no Seminario D da Facultade de CC. Económicas e Empresariais (Campus Lagoas Marcosende)

Profesorado

Persoal especializado de Seganosa.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos