Atopa o teu curso

Información do curso

Loita contra incencios


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLSUV1700304
Nome Loita contra incencios
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 4
Descrición

Curso especialmente pensado para o persoal que forma parte dos equipos de intervención e de interese para os demais membros incluidos nos equipos de emerxencia dos plans de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814 088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Vigo e Seganosa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/10/2017 13:29 - 03/11/2017 14:00
Período de docencia 08/11/2017 - 08/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 22

Destinatarios/as

Terá preferencia o persoal docente e investigador e de administración e servizos dos centros do Campus de Pontevedra nos que se están implantando os plans de autoprotección neste momento. No caso de quedar prazas libres, poderá asistir o persoal do Campus de Vigo e do Campus de Ourense.

Obxectivos

  • Coñecer os mecanismos básicos de iniciación, propagación e extinción dun incendio.
  • Saber manexar correctamente os extintores, mangueiras e equipos de respiración.
  • Concienciarse dos perigos existentes nos centros de traballo e actuar de modo seguro.

Criterios de selección

Terá preferencia o persoal dos centros do Campus de Pontevedra nos que se están implantando os plans de autoprotección.

Calendario

Data: 08 de novembro de 2017.

Horario: 16:00 h. a 20:00 h.

 

 

Programa

A. Contido teórico.
1. Conceptos básicos sobre o lume e a súa natureza:
    Teoría da xeración do lume .
2. Conceptos básicos sobre seguridade no uso de axentes extintores:
    Tipos de axentes extintores e características dos mesmos presentes nas
    instalacións da Universidade de Vigo.


B. Contido práctico
1. Extintores portátiles: PQS - 43 A-233B. P. Incorporada. - C02 89B:
    Extinción en superficies libres con simulación de combustibles líquidos para o adestramento da difusión continua de po. (O lume realizarase con combustible
    Tipo B sobre un leito acuoso pódese simular lume en ordenador ou en papeleira de zona de oficinas).
    Simulación de Extinción en estantes de almacenaxe de produtos inflamables
    para o adestramento da difusión a pulsos.
    Extinción en cadro eléctrico con extintores de C02.
2. Uso e manexo de liñas de mangueiras:
    Utilización e manexo de mangueiras. Traballo con BIES. (Avance, retroceso,caudais)
    Simulación de extinción de lume de gas con liñas de auga co obxectivo de practicar a coordinación e o traballo en equipo ademais do manexo de diferentes    tipos de chorro en función da situación do sinistro. (Extinción de Árbore de tubaxe de Gas ou simulador de depósito de almacenaxe de propano para calefacción)

Impartido en

Nas instalacións de Seganosa, en Alxén s/n, Salvaterra de Miño.

Ver en Google Maps: https://goo.gl/xJnAra Coordenadas: 42.107158, -8.508570

Observacións

Para o desprazamento a Seganosa, haberá un autobús da Universidade dispoñible dende o Campus de Pontevedra. 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos