Atopa o teu curso

Información do curso

PROGRAMA DO CURSO. INICIACIÓN AOS RECURSOS WEB PARA A EDUCACIÓN


Tipo Outros cursos
Código CFP0071
Nome PROGRAMA DO CURSO. INICIACIÓN AOS RECURSOS WEB PARA A EDUCACIÓN
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 12
Descrición

Actualmente as novas tecnoloxías da información e comunicación convertéronse nun elemento imprescindible da sociedade actual, un elemento necesario na vida das persoas. As diferentes etapas educativas teñen por obxectivo o desenvolvemento integral do alumnado, isto implica que as TIC estean presentes en todo momento.

Por esta razón, cómpre que o profesorado estea en continuo contacto coas novas tecnoloxías e coñeza os seus beneficios e utilidades para o alumnado.

Os obxectivos principais deste curso é dar a coñecer de xeito xeral ferramentas que axuden o proceso ensino-aprendizaxe e a crear inquietudes de querer profundar nesta área. 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986802080
 · Fax 986802082
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. 

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. 

Obxectivos

  1. Dar a coñecer a importancia que teñen as tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación
  2. Identificar e recoñecer as ferramentas web que poden ser útiles no ámbito educativo

3. Adquirir conceptos básicos no uso das TIC no ámbito docente 

Condicións de acceso

Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo así, non poderán volverse a matricular nos curso da Aula Tecnolóxica ata que transcorran dous anos dende a data de comezo do último curso no que se matriculou. Prazo de preinscrición: dende as 08:00 horas do 13/11/2017 ás 21:00 horas do 18/11/2017 na plataforma Bubela. 

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación.

 

 

Calendario

20, 22, 27, 29 de novembro e 4, 5 de decembro, en horario de 18:00 a 20:00 h. 

Programa

 

  1. As TIC na educación: definición, características e vantaxes. Internet como medio educativo
  2. Ferramentas Google: gmail, documentos, classroom...
  3. O blog como ferramenta educativa: blogger
  4. Ferramentas colaborativas
  5. As TIC para as necesidades educativas especiais

 

Modo de pagamento

 Matrícula gratuíta. 

Impartido en

 Aula Tecnolóxica da Casa das Campás

Rúa D. Filiberto 9-11 36002 Pontevedra. 

Profesorado

 Isaac Gómez Figueroa 

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos