Atopa o teu curso

Información do curso

PROGRAMA DO CURSO. INTRODUCIÓN E FUNDAMENTOS DA MAQUETACIÓN FRONTEND CON CSS


Tipo Outros cursos
Código CFP0070
Nome PROGRAMA DO CURSO. INTRODUCIÓN E FUNDAMENTOS DA MAQUETACIÓN FRONTEND CON CSS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 12
Descrición

A pesar de que non estamos xa nos temperáns días da web, transmitir a crítica importancia de ter un sitio web apropiadamente «deseñado», accesible e utilizable, é aínda una das tarefas máis desafiantes que un experto/a da comunicación necesita enfrontar.


Con este curso queremos dotar o alumnado dos fundamentos básicos para conseguir tal meta grazas á maquetación de documentos HTML por medio de follas de estilo Cascading Style Sheets (CSS).

CSS é unha pseudo-linguaxe usada para definir e controlar o aspecto ou presentación dos documentos electrónicos definidos con HTML e XHTML. É a mellor forma de separar os contidos e a súa presentación e é imprescindible para crear páxinas web complexas.

Por outra banda, o CSS vai evolucionando e a día de hoxe é imprescindible ser capaz de desenvolver unha metodoloxía de CSS para poder contar cunha arquitectura de CSS robusta, sostible e escalable.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 2082
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. 

Obxectivos

Dotar o alumnado dos fundamentos básicos de maquetación de páxinas web con follas de estilo en cadoiro
2. Dar a coñecer devandita linguaxe cun enfoque práctico para que, en poucos pasos, o alumnado poida maquetar o código CSS dun xeito depurado
3. Capacitar o alumnado para que con devanditas nocións básicas poida profundar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades

 

Condicións de acceso

Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo así, non poderán volverse a matricular nos curso da Aula Tecnolóxica ata que transcorran dous anos dende a data de comezo do último curso no que se matriculou. Prazo de preinscrición: dende as 08:00 horas do 08/11/2017 ás 21:00 horas do 15/11/2017 na plataforma Bubela. 

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación nas datas de preinscrición.

 

Calendario

17, 24 de novembro e 1, 15 de decembro, en horario de 16:30 a 19:30 horas. 

Programa

1. Introdución á linguaxe CSS
2. Funcionamento e sintaxe de propiedades CSS
3. Estrutura do código
4. Etiquetas, clases, selectores básicos e avanzados
5. Posicionamiento e visualización
6. Texto, enlaces, listaxes, táboas e formularios
7. Estrutura ou diseño (Layout)
8. Metodoloxías e arquitectura

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta. 

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. 

Rúa D. Filiberto 9-11

36002 Pontevedra. 

Profesorado

Alberto J. García Ariza. Doutor en deseño. Ilustrador e deseñador profesional

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos