Atopa o teu curso

Información do curso

INTRODUCIÓN AO RETOQUE FOTOGRÁFICO CON ADOBE PHOTOSHOP


Tipo Outros cursos
Código CFP0069
Nome INTRODUCIÓN AO RETOQUE FOTOGRÁFICO CON ADOBE PHOTOSHOP
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 12
Descrición


A fotografía dixital establécese definitivamente no ámbito doméstico, que permite que os consumidores/as poidan finalmente manexar, editar e retocar e sacarlle realmente partido a todo o seu potencial. No entanto, a complexidade das aplicacións de edición e retoque dixital fotográfico impide que moitos usuarios/as poidan facelo.


Neste curso impartiranse as nocións básicas de fotografía dixital. Capacitarase o seu alumnado para poder optimizar as súas habilidades e empregará a aplicación Adobe Photoshop como estándar profesional no retoque fotográfico.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986802080
 · Fax 986802082
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. 

Información sobre o calendario (datas)

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral. 

Obxectivos

  1. Achegarlle ao alumnado coñecementos básicos de imaxe dixital
    2. Que o alumnado sexa capaz de realizar manipulacións básicas de edición e retoque dixital
    3. Que o alumnado sexa capaz de manipular e xestionar de forma eficiente o seu banco de imaxes persoais

Condicións de acceso

Seleccionaranse as 20 primeiras solicitudes de matrícula, por rigorosa orde de prelación. Unha vez confirmada a matrícula, non se poderá cancelar agás causas sobrevidas ou de forza maior, debidamente xustificadas. De non facelo así, non poderán volverse a matricular nos curso da Aula Tecnolóxica ata que transcorran dous anos dende a data de comezo do último curso no que se matriculou. Prazo de preinscrición: dende as 08:00 horas do 13/10/2017 ás 21:00 horas do 19/10/2017. 

Criterios de selección

Rigorosa orde de preinscrición na plataforma Bubela. 

 

Calendario

20, 27 de outubro e 3, 10 de novembro, en horario de 16:30 a 19:30 horas. 

Programa

1. Conceptos básicos de imaxe dixital: tamaño, resolución e espazo de cor
2. Formatos de arquivo
3. Interface e ferramentas
4. Seleccións
5. Máscaras
6. Capas

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta. 

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. 

Rúa D. Filiberto 9-11

36002 Pontevedra

Profesorado

Alberto J. García Ariza. Doutor en deseño. Ilustrador e deseñador profesional

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos