Estrés e benestar psicoemocional

Información do curso

Estrés e benestar psicoemocional


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLFVC1700701
Nome Estrés e benestar psicoemocional
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Presencial
Horas 2
Descrición

Prevención de riscos psicosociais: Estrés e benestar psicoemocional.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A finalidade do curso é dar a coñecer con exactitude o concepto de estrés, así como o seu
mecanismo de desenvolvemento e as diferentes consecuencias que este pode ter na
vida das persoas. Comprender as distintas formas de afrontamiento ante os
problemas e aprender a identificar comportamentos adaptados aos requirimentos
da situación, son elementos indispensables na xestión eficaz das adversidades
que se expoñen a diario.
Partindo da interrelación entre pensamento, emoción e conduta; expóñense as
distintas estratexias dirixidas a mitigar as tensións internas e mellorar as relacións
cos demais.

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo.

FREMAP. Mutua colaboradora de la Seguridade Social nº61.

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Persoal docente, investigador e de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Obxectivos

O obxetivo final é dotar aos asistentes de ferramentas prácticas que lles permitan manexar axeitadamente as diferentes situacións de estrés, xestionando eficientemente as súas emocións.

Criterios de selección

Por orde de inscrición.

Calendario

Mércores, 29 de novembro de 2017

De 9:30 a 11:30 horas.

Programa

  • Contexto actual de PRL psicosocial: conceptos básicos
  • Tensións: concepto e principais consecuencias
  • Complexo tridimensional pensamento-emoción-conduta
  • Aproximación ás principais técnicas de manexo da tensión: modificación de pensamentos e xestión de emocións
  • Automotivación e actitude positiva.

Impartido en

Facultade de Filoloxía e Tradución. Aula B4 A

Profesorado

Dña. Marta García Varela, Licenciada en Químicas, Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais nas tres especialidades. Formación en: Desenvolvemento Persoal e relacións efectivas no entorno de traballo, Emocións positivas, Formar con talento. Ingresóu na Área de Prevención de FREMAP no ano 2001, integrante do equipo de especialización de Psicosociais de Fremap, participando en actividades de divulgación tanto interna como externamente.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos