Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria (Campus de Vigo)
Información do curso
Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPCOAC17VI | ||||
Nome | Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 8 | ||||
Descrición | Nos últimos anos houbo un gran interese e desenvolvemento, dentro do ámbito educativo, pola potenciación e desenvolvemento persoal do alumnado. Neste sentido os/as docentes de todas as etapas víronse na necesidade de reelaborar os seus propios esquemas de actuación e formarse na adquisición de ferramentas e técnicas que lles permitan retomar o seu rol de axente activo no proceso de aprendizaxe do alumnado. Así, neste contexto, a figura do profesor/a como coach cada vez cobrou un maior protagonismo. Con esta proposta formativa, búscase introducir e iniciar ao profesorado da Universidade Vigo en técnicas e ferramentas de uso habitual no coaching educativo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso de Iniciación ao coaching educativo na contorna universitaria insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 04/10/2017 12:00 - 13/11/2017 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 23/11/2017 - 24/11/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
Obxectivos
- Coñecer de que maneira o coaching contribúe a mellorar a contorna da educación universitaria.
- Potenciar as habilidades de comunicación e contribuír a que o profesorado sexa un dinamizador da aprendizaxe e a investigación.
- Iniciar ao/á docente en ferramentas de coaching que lle faciliten o seu labor de orientación e titorización do alumnado.
Calendario
Calendario: 23 e 24 de novembro.
Horario: de 16 a 20 horas.
Programa
- Coaching... que? Introdución ao coaching educativo.
- Que teño eu que pode axudarme no meu traballo? Valores e crenzas que potencian a aprendizaxe.
- Que necesito para converterme en parte da solución? Habilidades dun profesor/a-coach.
- E como o fago? Metodoloxía do coaching: motivación e acción.
- Acompañando e asesorando. Modelos de aplicación do coaching á titorización universitaria.
Impartido en
Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.
Profesorado
Roberto Baelo Álvarez
Doutor en Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de León. Coordinador e profesor do título de Experto Universitario en Coaching Educativo da Universidade Isabel I de Castilla.
Director e formador en diferentes cursos relacionados coa aplicación do coaching ao ámbito educativo.
Ángela Arias Valcarce
Master en Coaching, Inteligencia Emocional y PNL educativo en la Universidade Camilo José Cela. Directora do centro pedagóxico Wecoach Madrid y Coach Profesional (máis de 300 horas de coaching persoal e educativo acreditadas).