CANCELADA - GRÁFICOS E DESEÑO 3D CON SOLIDWORKS

Información do curso

CANCELADA - GRÁFICOS E DESEÑO 3D CON SOLIDWORKS


Tipo Curso Complementario
Código C1071701
Nome CANCELADA - GRÁFICOS E DESEÑO 3D CON SOLIDWORKS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 30
Información de contacto:  
 · Teléfono +34 677 689 233
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/01/2018 00:00 - 29/05/2018 23:59
Período de docencia 30/05/2018 - 08/06/2018

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 25
Número máximo de participantes 30
Créditos ECTS 3

Destinatarios/as

Alumnos e profesores de ciencias e tecnoloxías. Profesores de ensinanzas medias con coñecementos de CAD. Profesionais do deseño 3D.

Condicións de acceso

1. Membros da comunidade universitaria
2. Persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato

Criterios de selección

Acreditar que se cumpre algunha das condicións de acceso establecidas.

Calendario

• Clase 1, Mércores 30-05-18 de 16 a 21 horas
Teoría (2h): Panorámica do software. Entorno de traballo, barras de ferramentas, menús principais e administrador de comandos. Inicio e persoalización da sesión de traballo. O xestor de tarefas (Feature Manager). Configuracións e edicións básicas. Tipos de documentos (peza, ensamblaxe e plano). Formatos de arquivos xestionados. Intercambio de información.
Práctica 1 (3h): Configuración e persoalización dunha sesión de traballo. Edición dun primeiro documento de sólido mediante o emprego dos menús, das barras de ferramentas e do administrador de comandos.

• Clase 2, Xoves 31-05-18 de 16 a 21 horas
Teoría (3h): A creación de sólidos. O emprego de perfís bidimensionais ou croquis como base da xeración dun sólido. Creación e modificación do croquis. A elección do plano de debuxo. Comandos para a edición do croquis (puntos, liñas, polígonos, splines, transformacións xeométricas, matrices, texto, ...). Croquis 3D. Dimensionamento dinámico. Comandos para a edición de sólidos e diversas operacións. Interactividade cos sólidos (Instant 3D). Asignación de cores, texturas, coeficientes de transparencia, etc.
Práctica 2 (2h): Comezarase a elaboración de distintos modelos de sólidos, en cada caso, croquizando o perfil no plano axeitado en función das operación de xeración de sólidos a empregar. Edición e modificación de croquis e operacións. Comandos mais utilizados.

• Clase 3, Venres 01-06-18 de 16 a 21 horas
Teoría (2h): A creación de ensamblaxes. Relacións e restricións xeométricas básicas e avanzadas (mecanismos e partes móbiles). Distintos tipos de restricións e o seu emprego en función da ensamblaxe. Explosionados e animacións.
Práctica 3 (3h): Ensamblado dun conxunto a partir dos seus compoñentes. Establecemento de restricións. Visualización dos diferentes resultados segundo o tipo de restricións xeométricas empregadas na ensamblaxe. Emprego das bibliotecas de pezas normalizadas. Explosionados e estudo de movemento (animaciones). Introdución ao SolidWorks Motion.

• Clase 4, Mércores 06-06-18 de 16 a 21 horas
Teoría (3h): A elaboración de superficies tridimensionais. O emprego de croquis como base de edición de superficies. Directrices, xeneratrices e liñas de apoio (distintos modos de obtención de liñas 3D). Comandos de xeración e edición de superficies. Operacións con superficies. Conversión a sólidos.
Práctica 4 (2h): Elaboración de distintos tipos de superficies: regradas (desenvolvibles e alabeadas) e non regradas (xeneratriz e directriz). Modificación e control das mesmas.

• Clase 5, Xoves 07-06-18 de 16 a 21 horas
Teoría (2h): A elaboración de planos. Xeración de vistas normalizadas a partir dos modelos tridimensionais (sólidos, superficies e ensamblaxes). Plantillas e formatos. Formatos normalizados. Listas de pezas. Emprego de ferramentas de inserción de cotas, cortes e vistas auxiliares. Raiados e tipos de liña. Impresión.
Práctica 5 (3h): Elaboración do plano de definición do obxecto a partir do modelo 3D. Selección das vistas normalizadas, cortes apropiados, vistas auxiliares e vistas personalizadas necesarias. Escalas. Corrección das vistas automáticas. Colocación e distribución das cotas, anotacións e símbolos necesarios.

• Clase 6, Venres 08-06-18 de 16 a 21 horas
Teoría (1h): Resumo xeral do visto nas sesións anteriores. Aspectos complementarios e outros comandos de interese. Outros complementos e posibilidades do programa
Práctica 6 (4h): Desenvolvemento dun traballo consistente no ensamblado dun conxunto a partir dos seus compoñentes e animación das partes móbiles. Atención de dúbidas de carácter xeral e particular.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Vista xeral da aplicación
Sólidos
Ensamblaxes
Superficies
Planos
Resumo xeral e aspectos complementarios
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Achegamento ó entorno e funcións principais
Creación e edición de sólidos
Creación e edición de ensamblaxes
Creación e edición de superficies
Creación e edición de planos
Resumo xeral: Creación e edición dun conxunto

Modo de pagamento

Importe da matrícula 113 €.

O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando nome, DNI e código do curso ou a través da pasarela de pago en liña (pagamento con tarxeta)

En calquera caso, prégase que unha vez completado o pago achéguense vía email os xustificantes pertinentes.

Sistema de avaliación

Asistencia polo menos ó 75% das clases presenciais.
Realización con aproveitamento dos exercicios de clase.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos