Curso de iniciación ao Moodle (Campus de Ourense)

Información do curso

Curso de iniciación ao Moodle (Campus de Ourense)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código PFPPDES17OU
Nome Curso de iniciación ao Moodle (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 22
Descrición

A plataforma Moodle é unha aplicación que permite crear e xestionar aulas virtuais para actividades formativas a distancia, semipresenciais e de apoio á docencia presencial. Esta plataforma conta coas ferramentas necesarias para que o profesorado poida deseñar a súa docencia, permitindo organizar actividades, facilitar recursos e materiais educativos, realizar cuestionarios, comunicarse co alumnado etc.  O presente curso aborda cuestións básicas sobre a xestión e configuración dun curso na plataforma Moodle para uso docente.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de iniciación ao Moodle insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 21/09/2017 12:00 - 20/10/2017 23:59
Período de docencia 24/10/2017 - 16/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Configurar os parámetros xerais dun curso na plataforma Moodle.
  • Identificar e saber empregar as ferramentas básicas para publicar recursos e materiais educativos.
  • Identificar e saber empregar as ferramentas básicas para propor actividades ao alumnado.
  • Identificar e saber empregar as ferramentas básicas de comunicación co alumnado.
  • Identificar e saber empregar as ferramentas básicas de seguimento e avaliación do alumnado.

Preténdese que, ao concluír o curso, as persoas participantes alcancen os coñecementos e destrezas necesarios para incorporar Moodle como ferramenta de apoio a súa docencia presencial e semipresencial.

Calendario

Constará de 3 sesións presenciais e unha parte virtual aberta durante todo o curso.

1ª sesión presencial: 24 de outubro de 16.30 a 18.30 h.
2ª sesión presencial: 25 de outubro de 16.30 a 18.30 h.
3º sesión presencial: 10 de novembro de 16:30 a 18:30 h.

Parte virtual: do 26 de outubro ao 16 de novembro.

Programa

  1. Introdución e primeiros pasos en Moodle.
  2. Os principais recursos de Moodle: ficheiros, carpetas, etiquetas, páxina.
  3. As principais actividades de Moodle: tarefas, cuestionarios, glosarios e wikis.
  4. As principais ferramentas de comunicación: foros, chat, mensaxes.
  5. Administración básica de cursos en Moodle.

Impartido en

Campus de Ourense. Aula Aranzadi (andar baixo) da Facultade de Dereito.

Observacións

Acreditación da asistencia

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan, cando menos, a 4 horas das sesións presenciais e superen as actividades de avaliación.

Profesorado

Sonia Álvarez López
Técnica superior de Teledocencia da Universidade de Vigo

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos