Contos ConSenso. Contos con perspectiva de xénero

Información do curso

Contos ConSenso. Contos con perspectiva de xénero


Tipo Evento
Código CCS201701
Nome Contos ConSenso. Contos con perspectiva de xénero
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade Presencial
Descrición

 

O obradoiro pretende facilitar un espazo para a abordaxe da literatura infantil e da tradición oral dende unha perspectiva feminista. Un espazo onde cuestionar os modelos hexemónicos nos que se sosteñen as relacións de poder e as desigualdades sociais reforzadas nos contos. Alén de adestrar as competencias comunicativas, facilitarase a creación e a interpretación de historias evitando os sesgos e os preconceitos e promovendo olladas diversas e inclusivas nos contidos e na forma.   

A grandes rasgos este obradoiro estará vertebrado por tres grandes eixos de traballo:

- Análise dos contos e referentes.

- Traballo vocal e corporal.

- Narración e interpretación.

  

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

 

A tradición oral é clave para a transmisión de aprendizaxes e a construción do imaxinario colectivo. Os contos enchen as nosas vidas tanto en espazos de aprendizaxe formal como no cotián a través da oralidade e dos medios audiovisuais. Por isto, consideramos imprescindible deconstruír o imaxinario heteropatrical, capacitista, especista, etnocentrista e capitalista, entre outras cuestións. Pensamos que é importante visibilizar outros modelos existentes que poñan en valor a diversidade.     

A partir de dinámicas participativas e expresivas traballaremos a consciencia corporal e o xogo vocal, deste xeito descubriremos as posibilidades expresivas do noso corpo e adquiriremos novas ferramentas para contar.

Botaremos man dunha metodoloxía dinámica que parta dos coñecementos e experiencias previas das participantes para a análise e a abordaxe dos temas de xeito individual e colectivo.

      

Entidades organizadoras

Asociación Universitaria de Ciencias da Educación ( AUCE).

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10

Destinatarios/as

Un máximo de 16 persoas con inquedanzas nestes eidos.

Obxectivos

Obxectivo xeral

Adquirir as ferramentas necesarias para a interpretación dun conto con perspectiva de xénero.

 

Obxectivos específicos

- Revisar algúns contos tradicionais e contemporáneos.

- Revisar en que medida os contos constrúen o imaxinario colectivo.

- Achegar o traballo corporal e vocal como ferramenta á hora de elaborar un contacontos.

- Repensar os valores e os modelos hexemónicos e relacionais dende unha perspectiva interseccional, incidindo nos relativos ao sistema heteropatriarcal e ás desigualdades de xénero.

- Facilitar a identificación dos sesgos de xénero que encarnan moitos dos contos e pór en valor aqueles que aportan outras visións.

- Achegar reflexións sobre os roles, estereotipos e violencias de xénero, sobre os mitos do amor romántico e o papel do contos como outro axente de socialización clave á hora de reforzar ou non eses modelos.

- Promover un espazo para a conversa sobre o compromiso ético na creación, produción e uso dos contos.

- Facilitar tempo para experimentar pracer coa lectura e o álbum ilustrado.

- Recoñecer os recursos da cultura popular (o refrán, a música, os contos, etc.) como material susceptible de converterse en material escénico.

- Fomentar a creatividade.

 

Criterios de selección

Por estrita orde de inscrición.

Calendario

Durante os días 28 e 29 de outubro do 2017, cun total de 9 horas de duración.

O sábado 28 (das 10.30 ás 13.30 horas e das 16.30 ás 19.30 horas)e o domingo 29 (das 16.30 ás 19.30 horas).

Programa

Sesión 1. Achegármonos aos contos, a nós e ao xénero. Presentación de recursos e claves

(Sábado 10.30-13.30 h)

Obxectivos

  • Intercambiar saberes da cultura popular entre as persoas participantes e as facilitadoras.
  • Promover a análise das adiviñas, refráns e cantigas e o recoñecemento do valor potencial das mesmas como axentes de socialización.
  • Achegar a perspectiva de xénero a través da abordaxe de conceptos básicos para a identificación de violencias e a análise da socialización diferencial en función do sexo-xénero.
  • Valorar a importancia dunha actitude positiva e a necesidade dun clima de atención e respecto para que o proceso de aprendizaxe favoreza a dinámica do grupo.
  • Establecer un primeiro contacto co traballo corporal.
  • Favorecer a respiración consciente.
  • Espertar os cinco sentidos e fomentar o estado de alerta desenvolvendo a percepción do espazo.

Contidos

XÉNERO I:

  • Binarismos
  • Identidades
  • Interseccionalidade
  • Relacións de poder.
  • Estrutura social.
  • Iguais non idénticas.
  • Perspectiva de xénero.
  • Socialización .
  • Roles e estereotipos .
  • Axentes de socialización. Os contos.
  • Feminismos.
  • Álbum ilustrado como ferramenta.
  • Tradición oral: Adiviñas, cantigas, refráns.

CORPO I:

  • Conciencia corporal.
  • Respiración consciente.
  • Mirada periférica.
  • Presencia escénica.
  • Conciencia grupal.
  • Equilibrio espacial.

Sesión 2. Creación: elaboración e definición da estrutura e contidos do conto.

(Sábado 16.30-19.30 h)

Obxectivos

  • Facilitar a recuperación e construción de referentes. (personaxes non estereotípicas nin tipificadas polo xénero e outros rasgos, linguaxe, espazos, roles e temas).
  • Promover a visibilización doutros modelos, temas e lugares posibles que respondan a realidades diversas.
  • Facer fincapé no uso dunha linguaxe inclusiva.
  • Revisar posibles sesgos de xénero nas historias escollidas.
  • Tomar consciencia da respiración.
  • Tomar consciencia do propio corpo e as súas capacidades expresivas.
  • Favorecer a definición e articulación do son a partir dunha serie de exercicios vocais.
  • Facilitar os coñecementos necesarios para elaborar e definir a estrutura e contidos do conto.
  • Explorar os recursos expresivos e potencialidades de cada participante.

 Contidos

XÉNERO II:

  • Violencias de xénero: estrutural, simbólica, directa/relacional.
  • Linguaxe inclusiva.
  • Personaxes: Arquetipos. Protagonistas e antagonistas.
  • Uso dos tempos e dos espazos.
  • Temas: Modelos de beleza. Amor romántico. Mitos.

CORPO II:

  • Apoio da voz.
  • Articulación do son (vocais e consonantes).
  • Músculos e cavidades( fosas nasais, lingua, cavidades oculares, fronte, beizos, fazula e padal).
  • A definición do movemento.
  • O espazo sonoro.

Sesión 3. Interpretación.Recursos para contar.

(Domingo 16.30-19.30 h)

 Obxectivos

  • Compartir diversos recursos para contar contos (uso de obxectos, monicreques, narración oral, música, etc.).
  • Afondar na definición do movemento. Devolución externa.
  • Escoller os recursos interpretativos a utilizar.
  • Revisar posibles sesgos de xénero á hora de escoller e utilizar os recursos.
  • Promover a autoestima e o autocoñecemento das participantes.
  • Facilitar un espazo para o intercambio e a creación colectiva partindo dos saberes das persoas.
  • Ampliar a gama expresiva da voz partindo dos recursos propios das participantes.

 Contidos

  • O xesto.
  • O son e a palabra.
  • A música.
  • As personaxes.
  • A atmosfera.
  • O vestiario e os obxectos.
  • O conto: populares, clásicos e contemporáneos.

 

 

 

 

 

Modo de pagamento

Obradoiro gratuíto con financiamento da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Impartido en

Centro Cívico Colón, (Rúa Colón, 18-20 Ourense)

Observacións

En todas as sesións botaremos man da palabra, do xesto, do son, do movemento e da respiración para desmecanizar o corpo, adestrando a comunicación e as diversas linguaxes e canles expresivas para contar.

Procuraremos tamén achegar unha ollada crítica feminista que axude a desaprender para camiñar utopías.

 E por último,  tentaremos facilitar un espazo confortable, de confianza e seguro que alimente a participación e a horizontalidade, onde intercambiar experiencias e saberes , onde estrañarse e cultivar inquedanzas para mudar aquelo que non gusta.

Profesorado

Beatriz Pérez Fernández, licenciada en psicoloxía e titulada polo Máster en Educación, Xénero e Igualdade da Universidade de Santiago de Compostela. Educadora social e formadora e coordinadora en proxectos socioeducativos con experiencia como formadora en xénero.

Atenea Fernández García, licenciada en Arte Dramático, especialidade de Interpretación Textual, pola ESAD de Galicia. Actriz e contadora de contos coa compañía Xarope Tulú ( Estrafalaria, Contos de bruídos e miañares, A falta de pan, bos son os contos)

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos