Atopa o teu curso

Información do curso

E-portafolios como expresión dunha contorna persoal de aprendizaxe académica e profesional (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do persoal docente
Código PFPPPORT17VIR
Nome E-portafolios como expresión dunha contorna persoal de aprendizaxe académica e profesional (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade virtual
Horas 20
Descrición

Os portafolios reflicten de modo efectivo a aprendizaxe e/ou experiencia profesional dunha persoa, grupo ou institución. Un portafolios é unha selección do mellor traballo dunha persoa que relata de xeito reflexivo os seus progresos e as achegas conseguidas na súa traxectoria académica e/ou profesional.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso E-portafolios como expresión dunha contorna persoal de aprendizaxe académica e profesional insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/09/2017 12:00 - 16/10/2017 23:59
Período de docencia 23/10/2017 - 23/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

 

 

Obxectivos

  • Facilitar a adquisición das destrezas metodolóxicas e metodolóxicas para a elaboración dun e-portafolios académico e/ou profesional.

Criterios de selección

Ofertaranse 25 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Do 23 do outubro ao 23 de novembro.

Programa

  1. Que elementos integran o e-portafolios: tipos.
  2. Os e-portafolios de aprendizaxe: competencias e actividades.
  3. Avaliación.
  4. Reflexión.
  5. Proxectos de integración dun e-portafolios.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ACTIVIDADE

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas que superen as diferentes actividades de avaliación do curso.

Profesorado

José Vicente Novegil Souto

Profesor titular do Departamento de Estatística e Investigación Operativa.  Impartiu diferentes cursos para a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación (2016), Creación de ambientes persoais de aprendizaxe (2015) e As redes sociais na educación (2013-2014). Na Universidade de Vigo foi docente do Programa de Formación Permanente do Profesorado. Impartiu edicións do Curso de deseño tecno-pedagóxico dun e-portafolios e Curso de meditación de atención plena no proceso de ensino-aprendizaxe.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos