CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA

Información do curso

CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA


Tipo Curso de Formación
Código F1051701
Nome CURSO DE FORMACIÓN EN DIDÁCTICA DA FICCIÓN E CREACIÓN LITERARIA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 60
Información de contacto:  
 · Teléfono 988387176 / 636694616
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Ciencias da Educación

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/05/2017 00:00 - 07/08/2017 23:59
Período de matrícula 08/08/2017 00:00 - 08/09/2017 23:59
Período de docencia 11/09/2017 - 21/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 18
Número máximo de participantes 35
Créditos teóricos 4
Créditos prácticos 2
Créditos ECTS 6

Destinatarios/as

1.Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo,
2.Alumnos/as da universidade,
3.Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios, e
4.De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ao mesmo profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.

Condicións de acceso

Comprensión oral e escrita da lingua galega

Criterios de selección

Se fose necesario, por superar os solicitantes o número de prazas:
1. Alumnos da Universidade de Vigo, segundo o seu nivel de expresión escrita e comprensión lectora.
2. Persoas alleas á Universidade.

Calendario

Do 11-IX-2017 ao 11-X-2017: luns, martes e mércores de 18:30 h. a 20:30 h.
Do 17-X-2017 ao 21-XI-2017: martes e mércores de 18:00 h. a 21:00 h.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
1. A literatura e a ensinanza da literatura
As formas naturais de literatura.
Recursos e expresividade.
Formas de abordar o ensino da literatura

2. Didáctica da narración e Creatividade
As ferramentas do escritor.
Como elixir as palabras.
A procura do estilo e da naturalidade
Como lograr a visibilidade no relato
Perfilar o punto de vista apropiado
En que consiste a composición
Formas de construir a escena
O tratamento do diálogo
A singularidade do conto ou relato breve

3. Épocas, temas, motivos e estilos narrativos.
O mundo medieval e o mito.
O conto no nacemento da modernidade.
Tratamento dos tipos e costumes no conto literario.
Narración e ideoloxía.
A visión da historia no espello do relato.
A eficaz plasmación das emocións no texto narrativo.
O engado do misterio como motivo literario.
O interese do conto realista como forma de autocoñecemento.
Parodia, ironía e intertextualidade.
A inversión dos valores épicos no relato contemporáneo.
A aparición do elemento fantástico ou marabilloso na narrativa.

MÓDULOS PRÁCTICOS:
4. Práctica da Creación literaria. Propostas de escrita
O retrato.
A descrición.
O diálogo
A transformación.
A ligazón de recordos
A experiencia
O relato a partir de palabras clave
Creación de conflitos e construción de personaxes.
O escritor como receptor e emisor. Análises.
- O relato marabilloso.
- O relato fantástico e o relato realista.

Modo de pagamento

O importe da matricula e de 49.83 euros. O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o c'odigo do curso, ademais do nome, apelidos e DNI do alumno/a

Titulación

A superación do curso dará dereito á obtención dun diploma expedido pola Universidade de Vigo.
Importe do diploma:

  • De 1 a 5 créditos: 12,02 €
  • De 6 a 10 créditos: 30,05 €
  • A partir de 11 créditos: O mesmo importe que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante Decreto anual, fixa para os títulos oficiais a nivel de Diplomado ou equivalentes (60,10 € no curso académico 2011/2012).

A tramitación do diploma realízase na Sección de Títulos e Plans de Estudo:

Edificio de Xerencia e Servizos Centrais
Campus de Lagoas-Marcosende
36310 - VIGO (Pontevedra)
Teléfono.: 986 813 632
E-mail: negociadodetitulospropios@uvigo.es

Sistema de avaliación

Asistencia e presentación dun relato breve ao finalizar o curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos