Iniciación a GNU Octave (Modalidade virtual)

Información do curso

Iniciación a GNU Octave (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPOCT17VIR
Nome Iniciación a GNU Octave (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

O programa Octave é a solución en software libre para a realización de estudos de cálculo numérico.  Permite manexar datos, xeración de gráficos e instalación de librarías e complementos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Iniciación a GNU Octave insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. A devandita actividade formativa está coorganizada pola Oficina de Software Libre (CIXUG) e Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 13/07/2017 12:00 - 11/09/2017 23:59
Período de docencia 18/09/2017 - 15/10/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 10

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

O profesorado ao rematar coa actividade formativa será quen de:

  • Manexar datos.
  • Xerar gráficos.
  • Elaborar scripts.
  • Facer operacións con ficheiros.
  • Instalar complementos.

Criterios de selección

Ofertaranse 10 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición entre as persoas que cumpran cos requisitos esixidos.

Calendario

Do 18 de setembro ao 15 de outubro.

Programa

Tema 1. Comezando con GNU Octave
-Introdución
-Que é GNU Octave?
-Instalacións

Tema 2. Operacións básicas
-Tipos de datos
-Variables
-Estrutura de datos (matrices e vectores)

Tema 3. Programación
-Condicións, bifurcacións e bucles
-Funcións e scripts
-Operacións con ficheiros

Tema 4. Gráficos
-2D
-3D

Tema 5. Complementos e librarías

Tema 6. GNU Octave avanzado

Observacións

ACREDITACIÓN DA ACTIVIDADE

A realización desta actividade formativa será acreditada pola Oficina de Software Libre e a Universidade de Vigo a todas as persoas que aproben as diferentes actividades de avaliación:

-Participación (10 horas de conexión como mínimo) – 10%
-Probas de autoavaliación por tema – 50%
-Proba final – 40%

Profesorado

Miguel Ángel Rodríguez Muíños.

Roberto Martín Souto (titor).

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos