Intelixencia emocional e competencias transversais na aula (Campus de Ourense)

Información do curso

Intelixencia emocional e competencias transversais na aula (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCOM17OU
Nome Intelixencia emocional e competencias transversais na aula (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

As competencias transversais son aquelas xenéricas e comúns para a maioría das profesións e que se relacionan coa posta en práctica integrada de aptitudes, trazos da personalidade, coñecementos e valores adquiridos. Esta actividade formativa ten como finalidade afondar no desenvolvemento das competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional (autoestima, empatía, asertividade, traballo en equipo, resolución de conflitos...).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Intelixencia emocional e competencias transversais na aula  nsírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 06/07/2017 16:00 - 18/09/2017 20:00
Período de docencia 28/09/2017 - 09/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 10

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Coñecer que son as emocións e aprender a manexalas.
  • Como inflúen as emocións nos nosos resultados.
  • Desenvolver habilidades necesarias para o desenvolvemento persoal e profesional.
  • Aprender a desenvolver no alumnado as competencias transversais a través de actividades práctica e adestramento.

Calendario

Calendario: 28 de setembro, 5, 19, 26 de outubro  e 9 de novembro.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

1.Introdución á Intelixencia Emocional (IE):
  -Que é IE?
  -Que é o talento?
  -Competencias transversais.

2.Competencias emocionais:
  -Intelixencia intrapersoal.
  -Intelixencia interpersoal.

3.Competencias intrapersoais:
  -Modelos de desenvolvemento de competencias emocionais.
  -Ferramentas de autocoñecemento e autoestima.

4.Competencias interpersoais:
  -Intelixencia social.
  -Que é a intelixencia social?
  -Fortalezas e carácter. Empatía.

5.Benestar e felicidade:
  -Psicoloxía positiva.
  -Esencia do benestar.

Impartido en

Campus de Ourense. Aula 2.6 do Edificio de Ferro.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Ana Belén Sanjuán Núñez

É licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, MBA pola Universidade da Coruña e Programa de Desenvolvemento Directivo pola Escuela de Negocios Novacaixagalicia.  Está certificada en Coaching sistémico por equipos por ICF (International Coach Federation)  e é Coach senior pola AECOP (Asociación Española de Coaching Executivo-Organizativo e Mentoring).
Ao longo da súa traxectoria profesional sempre estivo vinculada aos departamentos de RRHH e o desenvolvemento de persoas en diferentes compañías de ámbito nacional e internacional. Participa desde 2012 coa Fundación Barrié, na coordinación de MentoresBarrié (a rede de mentoring da Fundación Barrié) e  en CompeteXGalicia, un programa de desenvolvemento de competencias para a empregabilidade das persoas tituladas. É formadora habitual de EducaBarrié na área de intelixencia emocional.
Na actualidade colabora con diferentes empresas e organizacións en proxectos de coaching, mentoring e desenvolvemento directivo.

María Belén Varela Romero

Avogada e especialista na dirección de persoas. A súa traxectoria directiva inclúe multinacionais do sector servizos, alimentación e automoción. Formou parte dos comités de relacións laborais de ANFACO e CEAGA e é presidenta de AEDIPE (Asociación Española de Dirección e Desenvolvemento de Persoas) en Galicia.
Nos últimos anos dedicouse ao estudo do comportamento humano nas organizacións e a explorar o campo das fortalezas humanas e o benestar subxectivo. É autora de La rebelión de las moscas. Reflexiones, principios y pautas para una organización optimista.
Na actualidade é profesora en varias escolas de negocios e imparte cursos e conferencias sobre a xestión do optimismo, liderado e fortalezas para a felicidade.

Alba Sánchez Nogareda

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos