Gamificación na docencia universitaria (Campus de Vigo)

Información do curso

Gamificación na docencia universitaria (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPGAM17VI
Nome Gamificación na docencia universitaria (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 21
Descrición

Esta actividade formativa ten como finalidade que o profesorado sexa quen de desenvolver experiencias de aprendizaxe que favorezan a motivación do alumnado a través do xogo, tanto dentro como fóra da clase.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Gamificación na docencia universitaria  insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 07/07/2017 12:00 - 31/10/2017 23:59
Período de docencia 07/11/2017 - 21/11/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Valorar os principios fundamentais da gamificación, esencialmente no seu ámbito de aplicación á aprendizaxe.
  • Comprender os pasos a seguir para poñer en práctica un proxecto gamificado.
  • Ser quen de aplicar os compoñentes clave da gamificación.

Calendario

Parte  presencial
Calendario: 7, 14 e 21 de novembro.
Horario: de 16 a 19 horas.

Parte non presencial
Do 8 ao 13 de novembro (6 horas).
Do 15 ao 20 de novembro (6 horas).

Programa

  1. Sesión 1 (3 horas presenciais)
    Módulo 1: Entendendo a gamificación: Introdución. Que é a gamificación? Gamificación e aprendizaxe.
    Módulo 2: Elementos de xogo: MDA (Mecánicas, Dinámicas, Estética) de Hunicke, LeBlanc e Zubek. Motivación. Tipos de xogadores/as (clasificación de Bartle).

  2. Sesión 2 (6 horas non presenciais)

  3. Sesión 3 (3 horas presenciais)
    Módulo 3: A parte estética e o deseño do xogo: Elementos para a motivación e diversión. Fantasía, narrativa, retos, descubrimento. A parte emocional e social (o recoñecemento social).
    Módulo 4: As mecánicas e as dinámicas: PBL (Points, Badges, and Leaderboards).
  4. Sesión 4 (6 horas non presenciais).

  5. Sesión 5 (3 horas presenciais).
    Modulo 5: O proxecto gamificado: MPFR: Motivación – Progreso – Retroalimentación – Recoñecemento.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala IV do edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso e superen a parte virtual.

Profesorado

José Carlos López Ardao

É doutor en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. O seu campo de traballo nos últimos anos centrouse no ámbito de aplicación das redes sociais e da gamificación na educación. É socio cofundador da spin-off da Universidade de Vigo, SocialWire S.L. dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxías educativas sobre contornas de redes sociais.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos