Introdución ao desenvolvemento de laboratorios virtuais (Campus de Vigo)

Información do curso

Introdución ao desenvolvemento de laboratorios virtuais (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPLAB17VI
Nome Introdución ao desenvolvemento de laboratorios virtuais (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

Os laboratorios virtuais son unha ferramenta de simulación que permite aos alumnos/as poder traballar con abstraccións de sistemas reais da mesma forma que traballarían un proceso real. Realizarase a introdución detallada aos conceptos de laboratorios virtuais e realizarase un obradoiro práctico sobre o uso de Easy Java Simulations, unha contorna de programación gráfica que permite desenvolver este tipo de laboratorios de xeito sinxelo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Introdución ao desenvolvemento de laboratorios virtuais insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017 O curso está organizado pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/07/2017 12:00 - 09/10/2017 23:59
Período de docencia 16/10/2017 - 17/10/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Traballar con abstraccións de sistemas reais.
  • Deseñar laboratorios virtuais con Easy Java Simulations.
  • Empregar laboratorios virtuais.

Calendario

Días: 16 e 17 de outubro.

Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

Bloque 1:

  • Introdución aos laboratorios virtuais.
  • Demostracións de laboratorios virtuais.
  • Introdución a Easy Java Simulations e primeiros exemplos.

Bloque 2:

  • Exemplos guiados para a creación de laboratorios virtuais.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala IV do edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será pola Univerasidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

José Luis Guzmán Sánchez

Profesor  titular na Área de Enxeñaría de Sistemas e Automática do Departamento de Informática da Universidade de Almería. Foi galardoado coa Medalla Agustín de Betancourt y Molina pola Real Academia de Enxeñaría polo desenvolvemento de metodoloxías e ferramentas que permiten facilitar a compresión, o uso e implantación de algoritmos de control automático a nivel industrial e a nivel académico.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos