Mellora das habilidades comunicativas na docencia (Campus de Vigo)

Información do curso

Mellora das habilidades comunicativas na docencia (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPMELL17VI
Nome Mellora das habilidades comunicativas na docencia (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

A comunicación é unha competencia fundamental para o persoal docente. Nesta actividade formativa afondarase nas estratexias que melloran a comunicación entre e co alumnado.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Mellora das habilidades comunicativas para a docencia  insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/07/2017 12:00 - 18/09/2017 23:59
Período de docencia 27/09/2017 - 25/10/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte persoal da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Investigador contratado: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Identificar os elementos máis relevantes da comunicación.
  • Valorar como a Programación Neurolingüística (PNL) mellora os procesos comunicativos.
  • Levar á práctica estratexias comunicativas a nivel técnico, metodolóxico e relacional.

Calendario

Calendario: 27 de setembro, 4, 11, 18 e 25 de outubro.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

  1. Habilidades específicas para a formación: As bases da comunicación enriquecida para promover a aprendizaxe.
    1. A comunicación e os seus indicadores.
    2. Habilidades para a comunicación: emisión, recepción, configuración da mensaxe, escoita activa, importancia da retroalimentación e a xestión da retroalimentación.
    3. Escoita empatía contra escoita activa.
    4. Análise competencial da persoa formadora.
    5. Habilidades para a formación.
  1. A comunicación como base da integración da aprendizaxe: Programación Neurolingüística (PNL) como ferramenta de mellorar.
    1. Aprendizaxe contra coñecemento. Competencia metodolóxica.
    2. Comunicación enriquecida. Que é a PNL?
    3. A PNL como a ferramenta de comunicación.
    4. O traballo cos compoñentes da PNL: a escoita empática, os filtros, as posicións perceptivas, as ancoraxes e o modelado.
    5. Competencias metodolóxicas e o traballo coa comunicación enriquecida.
  1. Formación e aprendizaxe: A práctica da PNL como ferramenta de comunicación.
    1. PNL e modelado das actividades formativas para a aprendizaxe.
    2. Posta en marcha dunha actividade de aprendizaxe con PNL adaptada aos estilos de aprendizaxe.
    3. A interacción das competencias técnicas, metodolóxicas e relacionais na formación.
  1. A comunicación da persoa formadora:
    1. Crenzas e valores engadidos ao coñecemento.
    2. O autocontrol e a contorna da formación.
    3. A contorna e a xestión da formación.
  1. Motivación e xestión de sinerxías para a aprendizaxe: Modelado e xestión de ancoraxes.
    1. Motivación e contorna.
    2. A xestión de sinerxías e o traballo en equipo.
    3. Ancoraxes positivas e a súa aplicación.
    4. Ancoraxes negativas e a súa xestión.
    5. O modelado base de sinerxías de equipo.

 

Impartido en

Campus de Vigo. Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Yolanda San Juan

Experta en análises competenciais, Mestrado en Coaching e mediación de conflitos. Ten formación en xestión emocional, Practicionner PNL e é Experta en formación formadores/as LEAN.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos