Prevención de riscos nos traballos con manexo de gases en laboratorios

Información do curso

Prevención de riscos nos traballos con manexo de gases en laboratorios


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLFVC1700601
Nome Prevención de riscos nos traballos con manexo de gases en laboratorios
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 3
Descrición

A finalidade da xornada é ofrecer unha serie de criterios sobre o manexo seguro e a xestión do risco de botellas e botellóns de gases comprimidos nos laboratorios

Información de contacto:  
 · Teléfono 986814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Establecemento de criterios sobre o manexo seguro e a xestión do risco de botellas e botellóns de gases comprimidos nos laboratorios.

Sobre os gases utilizados en laboratorios coñeceranse:
- As súas características e riscos principais
- Os criterios de almacenamento
- Normativa de aplicación
- Boas prácticas de manipulación e transporte
- Actuación en caso emerxencias

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos da Universidade de Vigo, FREMAP Mutua de Accidentes de Traballo

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 21/06/2017 09:00 - 02/10/2017 23:00
Período de matrícula 26/06/2017 15:27 - 03/10/2017 14:50
Período de docencia 05/10/2017 - 05/10/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 75

Destinatarios/as

Directores/as, decanos/as, responsables dos laboratorios, persoal técnico de laboratorio, investigadores e persoal que manexe gases e estea exposto aos riscos que estes xeran. 

Obxectivos

A finalidade da presente Xornada de PREVENCIÓN DE RISCOS NOS TRABALLOS CON MANEXO DE GASES EN LABORATORIOS é dar unha serie de criterios sobre o manexo seguro e a xestión do risco de botellas e botellóns de gases comprimidos nos laboratorios

Calendario

Xoves, 5 de outubro de 10.00 ás 13.00 hs

Programa

Módulo 1: Axentes químicos perigosos

Normativa de aplicación
Criterios de sinalización e etiquetaxe.
Xestión da información química: Fichas de datos de seguridade
Obrigacións do empresario e traballadores

Módulo 2: Almacenamento de produtos químicos nun laboratorio

Normativa de referencia: Regulamento de Almacenamento de Produtos Químicos
Criterios de almacenamento para gases: ITC APQ 5 Botellas e Botellóns
Armarios de seguridade
Criterios de mantemento e revisións


Módulo 3: Manipulación de gases en laboratorios

Boas prácticas na utilización de gases en laboratorios.
Criterios sobre o transporte de botellas a presión
Instalacións centralizadas de gases.
Medios de protección
Actuacións en caso de emerxencias

Impartido en

SALAS DE VIDEOCONFERENCIA

Vigo: Aula I, Edificio Miralles

Ourense: sala de audiovisuais da Biblioteca Central (2.º andar),

Pontevedra: sala AG da Facultade de Ciencias Sociais (seminario 5, 1.º andar

Profesorado

D. Javier Martínez Barahona, Enxeñeiro Químico, Conselleiro de Seguridade no Transporte de Mercadorías Perigosas, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais nas especialidades de Seguridade, Hixiene Industrial e Ergonomía. A súa actividade profesional está centrada no asesoramento a empresas asociadas nos aspectos relacionados co risco químico, participando en numerosas actividades de divulgación e formativas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos