Muller e saúde

Información do curso

Muller e saúde


Tipo Evento
Código UIF0101
Nome Muller e saúde
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 15
Descrición

Curso dirixido as mulleres traballadoras da Universidade de Vigo para aprender a coidar e manter a saúde.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813419
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A saúde das mulleres e dos homes é diferente e desigual, diferente porque hai factores biolóxicos (xenéticos, fisiolóxicos, etc) que se manifestan de forma diferente na saúde e nos riscos de enfermar, e desigual porque hai factores sociais que inflúen de maneira inxusta na saúde das persoas.

Por isto, dende a Unidade de Igualdade proponse esta formación dirixida exclusivamente ás mulleres.

Esta proposta responde á acción 4.2.10 do II plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo (2016/19) “Introducir medidas específicas de promoción da saúde das mulleres alén das cuestións relacionadas coa maternidade e a lactación”.

Entidades organizadoras

Unidade de Igualdade

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/04/2017 09:19 - 11/05/2017 23:55
Período de docencia 15/05/2017 - 30/05/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Todas as mulleres traballadoras pertencentes á Universidade de Vigo.

Obxectivos

 

  • Ofrecer ás mulleres da Universidade de Vigo pautas e claves de comportamento para axudalas a manter e mellorar a súa saúde.
  • Recoñecer os estilos de vida saudables no seu conxunto coas súas manifestacións e o papel que desempeñan no mantemeno do estado de saúde.
  • Coñecer as principais características das recomendacións alimentarias e previr os posibles riscos nutricionais nas distintas etapas do ciclo vital das mulleres.
  • Coñecer os coidados de saúde da muller nas distintas etapas da vida.

Condicións de acceso

Ser traballadora da Universidade de Vigo e realizar a inscrición a través de Bubela.

Criterios de selección

Por estrito orde de inscrición.

Calendario

A docencia impartirase os seguintes días en horario de 12.00 a 14.30 h

15 de maio: 1º Módulo: Estado de saúde

16 de maio: 1º Módulo: Estado de saúde

                   2º Módulo: Estilos de vida saudables na muller ( 1ª parte)

 

22 de maio: 2º Módulo: Estilos de vida saudables na muller ( 2ª parte) 

23 de maio: 2º Módulo: Estilos de vida saudables na muller ( 2ª parte)

 

29 de maio: 3º Módulo: Coidados de saúde e sexualidade da muller

30 de maio: 3º Módulo: Coidados de saúde e sexualidade da muller

 

Programa

1º MÓDULO: ESTADO DE SAÚDE (3 horas)

Docente: Sabela Rodríguez González del Blanco

Programa

-Introducción aos conceptos saúde-enfermidade, historia e visión actual.

-Determinantes da saúde, concepto e importancia do seu papel.

-Enfermidades transmisibles vs non transmisibles; pasado e presente.

-Niveis de prevención da enfermidade e tipos de abordaxe en cada un deles.

-Sesgos de xénero na investigación sobre a saúde e as súas consecuencias.

Obxectivos específicos

-Coñecer o concepto da saúde (cos seus cambios ao longo da historia) e os factores que a determinan.

-Achegarse ao concepto de enfermidade dende o punto de vista da saúde pública, ou sexa, da súa prevención.

-Diferenciar as desigualdades de xénero no mundo da investigación de aplicación sanitaria.

Metodoloxía

Expositiva teórica e participativa coas achegas das persoas integrantes do curso sobre os conceptos previos dos temas a tratar.

 

2º MÓDULO: ESTILOS DE VIDA SAUDABLES NA MULLER (1ª parte) (2 horas)

Docente: Sabela Rodríguez González del Blanco

Programa

-Introducción aos estilos de vida saudables dende un punto de vista global.

-Actividade física na muller como exemplo de estilo de vida saudable. Recomendacións e proposta de pequena batería de exercicios para realizar na aula.

Obxectivos específicos

-Comprender o concepto de estilo de vida saudable e a súas repercusións.

-Coñecer o papel da actividades física na saúde da muller, as recomendacións internacionais e exercicios tipo a realizar na vida diaria.

Metodoloxía 

Mixta, con abordaxe teórica participativa e práctica con inclusión de exercicios fácilmente realizables nun ambiente de traballo habitual ou na casa.

 

2º MÓDULO: ESTILOS DE VIDA SAUDABLES NA MULLER (2ª parte) (5 horas)

Docente: Ana María Martínez Lorente

Programa

-A dieta como determinante de saúde ao longo do ciclo vital (1 hora).

  a-Alimentación na infancia e no desenvolvimento.

  b-Alimentación na muller adulta.

  c-Alimentación na muller de idade avanzada.

-A dieta como factor de risco e como terapia (1hora).

  a-Sal, hipertensión e enfermidades cardiovasculares.

  b-Graxa, aterosclerose e enfermidade cardiovascular.

  c-Calorías, gasto enerxético e obesidade.

  d-Papel protector da dieta fronte a determinados tipos de cancros.

  e-Calcio, leite e ósos.

  f-Diabetes e alimentación.

  g-Recomendacións sanitarias nas patoloxías frecuentes e como interpretalas.

-Aprender a interpretar mensaxes e recomendacións nutricionais (1 hora).

  a-Lectura etiqueta nutricional.

  b-Comprar e preparar alimentos.

  c-Como accider á información médica e interpretar as recomendacións.

  d-Lectura crítica da publicidade alimentaria.

-Aprender a deseñar un menú saudable (80 minutos).

  a-Alimentos e nutrientes.

  b-Variedade, cantidade, aporte calórico e biodisponibilidade dos alimentos (exemplos con menús).

  c-Alimentos funcionais, transxénicos, “milagre”…

  d-Modelos de dietas saudables.

  e-Pautas para a elaboración de menús saudables nas diferentes etapas da vida.

-Preguntas, comentarios, debate (40 minutos).

-Parte teórica: Exposición de criterios nutricionais e ferramentas para valorar e planificar un menú.

-Parte práctica: Grupos de traballo sobre etiquetas nutricionais, planificación de menú diario nas distintas etapas vitais, solución para distintos riscos nutricionais, lectura crítica sobre a publicidade dos alimentos.

Obxectivos específicos

-Comprender a dieta no seu conxunto como determinante de saúde. Comprender as mensaxes das guías alimentarias.

-Coñecer as principais ferramentas para interpretar correctamente a información presente na etiqueta nutricional dos alimentos.

-Planificar un menú saudable e adecuado ás distintas etapas do ciclo vital.

Metodoloxía

Modalidade de formación presencial, específica (xa que é de carácter monográfico “atención e valoración da dieta como determinante de saúde da muller”, incidindo sobre a área poboacional dende o punto de vista da saúde pública e dun xeito máis lixeiro sobre as necesidades individuais) con clase expositiva e obradoiro práctico (valoración de distintas etiquetas nutricionais; planificación dun menú diario para a idade infantil, adolescencia, idade fértil e idade avanzada; valoración dunha dieta tipo en función de distintos criterios e posibles solucións para distintos riscos nutricionais; lectura crítica e interpretación das mensaxes nos medios de comunicación relativos á publicidade de alimentos).

 

3º MÓDULO: COIDADOS DE SAÚDE E SEXUALIDADE DA MULLER ( 5 horas)

Docente: Paula Sánchez Flores

Programa

-Coidados de saúde nas distintas etapas da vida da muller (1 hora).

  a-Coidados de saúde na infancia.

  b-Coidados de saúde na adolescencia da muller.

  c-Coidados de saúde da muller no período climatérico e menopáusico.

  d-Coidados de saúde na vellez da muller.

-Sexualidade nas distintas etapas da vida da muller (30 min).

-Anticoncepción nas distintas etapas (30 min).

  a-Coñecemento dos distintos métodos anticonceptivos.

  b-Importancia da toma de decisión baseada no método máis adecuado con información veraz e pertinente.

-Consulta de Atención á Muller (1 hora).

  a-Prevencións de enfermidades de transmisión sexual.

  b-Infeccións máis frecuentes do tracto vaxinal.

  c-Prevención e coidados das infeccións do tracto vaxinal máis frecuentes.

  d-Citoloxías, en que consisten, como se fan, cada canto tempo.

  e-Consulta preconcepcional.

 -Solo pelviano (1 hora).

  a-Anatomía e función do solo pelviano.

  b-Repercusións do embarazo e parto.

  c-Repercusións dos distintos tipos de exercicios e abdominais sobre o mesmo.

  d-Patoloxías asociadas e tratamentos.

  e-Hábitos saudables para o solo pelviano

-Sesión práctica con exercicios sobre o solo pelviano (1 hora).

  a-Exercicios de recoñecemento do periné.

  b-Exercicios de contracción de abdominais profundos do periné ao tusir e elevar pesos.

  c-Exercicios de fibras rápidas.

  d-Exercicios de fibras lentas.

  e-Exercicios de automatismo.

 

Obxectivos específicos

-Coñecer os coidados e controis de saúde a realizar nas distintas etapas da vida.

-Abordar a sexualidade dende distintas esferas.

-Traballar e coñecer o solo pelviano

 

Metodoloxía

Mixta, con abordaxe teórica e práctica.

Utilizarase a técnica da choiva de ideas para a posta en común dos coidados máis importantes nas etapas da vida e os mitos sobre o tema, dándolle un papel central á bagaxe das mulleres participantes.

Nos exercicios traballarase a propiocepción do solo pelviano coa posta en común das dúbidas das experiencias previas.

Modo de pagamento

Curso gratuíto.

Impartido en

Sala I do Edificio Miralles do Campus de Vigo.

Observacións

Expedirase o título acreditativo de ter realizado o curso a todas as mulleres que asistan polo menos ao 80% do curso.

Profesorado

Sabela Rodríguez González del Blanco

Licenciada en Medicina e Cirurxía e especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública.

Diplomada en Xénero e Saúde. Relatora habitual dos cursos da Escola Galega de Saúde para a Cidadanía da Consellería de Sanidade.

Na actualidade desemprega labores de docente de enfermeiras, fisioterapeutas e técnicas de laboratorio na preparación das oposicións sanitarias. Colaborou como preventivista-epidemióloga co hospital Juan Cardona de Ferrol.

Ana María Martínez Lorente

Licenciada en Medicina e Cirurxía e diplomada en Alimentación e Nutrición Aplicadas. Experta universitaria en Nutrición Pediátrica. Redactora do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller de Galicia. Relatora habitual dos cursos da Escola Galega de Saúde para a Cidadanía da Consellería de Sanidade e docente da FEGAS (Fundación Escola de Administración Sanitaria).

Na actualidade desemprega labores de médica técnica de saúde na Dirección Xeral de Saúde Pública, da Consellería de Sanidade.

 Paula Sánchez Flores

Diplomada en Enfermería e especialista obstétrico-xinecolóxica (matrona). Relatora habitual dos cursos da Escola Galega de Saúde para a Cidadanía da Consellería de Sanidade e participante no III Congreso de Calidade e Seguridade da Sociedade Galega de Calidade Asistencial coa comunicación “Mellora da calidade asistencial na atención á muller no climaterio”.

Na actualidade desemprega labores de supervisora na Unidade de Xinecoloxía do Hospital Universitario de A Coruña.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos