Curso de redacción de documentos administrativos

Información do curso

Curso de redacción de documentos administrativos


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00016
Nome Curso de redacción de documentos administrativos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

Revisión dos principais documentos administrativos que son de interese para a xestión universitaria e revisión da estrutura dos textos administrativos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 04/09/2017 09:00 - 22/09/2017 14:00
Período de docencia 02/10/2017 - 27/10/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria e público en xeral.

Obxectivos

  1. Facer un repaso e unha actualización práctica da ortografía da lingua galega.
  2. Proporcionarlle ao alumnado unha guía rápida de redacción administrativa en lingua galega.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de chegada da documentación.

Calendario

É un curso virtual.

 

 

Programa

  

PROGRAMA DO CURSO

 

Módulo 1. Guía rápida para a redacción administrativa

1   Introdución

2   Erros máis frecuentes na redacción administrativa

3   Democratización da linguaxe

4   Organización da información

5   Claridade e precisión expositiva

6   Estruturación sintáctica

7   Corrección gramatical e léxica

8   Racionalización dos recursos tipográficos

9   Corrección de castelanismos máis frecuentes

 

Módulo 2. Modelos comentados de documentos administrativos I

1   Introdución

2   Estrutura dos documentos administrativos

     2.1   A cabeceira

     2.2   O corpo

     2.3   O peche

3   Documentos de transmisión

     3.1   Anuncio

     3.2   Aviso

     3.3   Carta

     3.4   Circular

     3.5   Convocatoria

     3.6   Oficio

4   Documentos de xuízo

     4.1   Informe

     4.2   Memoria

 

Módulo 3. Modelos comentados de documentos administrativos II

1   Introdución

2   Documentos de decisión

     2.1   Resolución

     2.2   Acordo

     2.3   Convenio

3   Documentos de constancia

     3.1   Acta

     3.2   Certificado

     3.3   Dilixencia

 

Modo de pagamento

Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral.

Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria acreditarán a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo da matrícula do curso 2017/2018 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).

As persoas que non pertenzan á Universidade terán que pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en Abanca, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:

  • Concepto: código do curso (ANL00016)
  • Importe: 40 euros

As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.

No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 20 horas de traballo.

Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

Para obter o diploma correspondente, é obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales é necesario superar o 80 %.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos