Alarma e evacuación (Pontevedra)

Información do curso

Alarma e evacuación (Pontevedra)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código SPRLSPO1700401
Nome Alarma e evacuación (Pontevedra)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 4
Descrición

Curso especialmente pensado para o persoal que forma parte dos equipos de alarma e evacuación nos planes de autoprotección dos centros de traballo da Universidade de Vigo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 814088
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Servizo de Prevención de Riscos Laborais e Seganosa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 22/03/2017 09:00 - 19/04/2017 08:30
Período de docencia 24/04/2017 - 24/04/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Todo o PAS e PDI da Universidade de Vigo, en particular, ten especial interese para os equipos de emerxencia:

  • Equipos de alarma e evacuación.
  • Directores da emerxencia.
  • Xefes de intervención.
  • Traballadores en xeral implicados no plan de emerxencia.

 

Obxectivos

  • Coñecer as pautas de evacuación para poder desaloxar un centro de forma segura, así como manexar os extintores de po e CO2 de maneira correcta.
  • Realizar unha evacuación dun centro de forma organizada, ordenada e sen causar danos maiores.
  • Concienciarse dos riscos que expón tanto un pequeno incendio como unha evacuación nun centro universitario.

Calendario

Data: 24 de abril de 2017

Horario: 09:30 h. a 13:30 h.

Programa

     CONTIDO TEÓRICO - PRÁCTICO

    1. Instalacións e medios de protección contra incendios: detección, alarma e extinción.
    2. Autocontrol emocional en urxencias e catástrofes. Xestión de conflitos.
    3. Percorridos e/ou rutas de evacuación.
    4. Comportamento en situacións de emerxencia.
    5. Pautas de actuación:
    Normas fundamentais de evacuación.
    Elementos de protección activa e pasiva.
    Sectorización. Auto socorro e evacuación de compañeiros.
    Zona segura: reunión e recontos.
    6. Plan de Urxencia (organización e operatividade). Aspectos concretos na organización:
    Funcións dos equipos de evacuación e alarma.
    Funcións dos equipos de intervención.
    7. Exercicio práctico de manexo de extintores de po e de CO2: extinción de focos illados. Manexo, características e propiedades dos extintores de po e de CO2.
    Organización e realización dun exercicio de evacuación nun ou varios escenarios.
    Evacuación total do aula onde se imparte a formación con visión anulada.
    Reingreso ao aula con visión anulada co obxectivo de rescatar a unha vítima e levala ao momento de encontro.
    Evacuación parcial dun sector da universidade se é posible.

 

Impartido en

A parte teórica realizarase no laboratorio de Hidráulica e, a parte práctica, no taller de Xiloxeneradas da Escola de Enxeñaría Forestal (campus A Xunqueira, Pontevedra)

Profesorado

Persoal especializado de Seganosa.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos