Prevención e resposta ao acoso sexual e por razón de sexo (Campus de Vigo)

Información do curso

Prevención e resposta ao acoso sexual e por razón de sexo (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPREVVI17
Nome Prevención e resposta ao acoso sexual e por razón de sexo (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 6
Descrición

Formularse o acoso desde unha perspectiva de prevención e de concienciación sobre a responsabilidade de todas as persoas que forman parte da comunidade para asegurar un contorno de respecto. A formación participación, con discusión de casos prácticas nun contorno seguro, busca reforzar a prevención e a capacidade de resposta ao acoso na universidade.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Prevención e resposta ao acoso sexual e por razón de sexo insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017.

Esta actividade está coorganizada coa Unidade de Igualdade.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/03/2017 12:00 - 19/04/2017 23:59
Período de docencia 02/05/2017 - 02/05/2017

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 15

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Incrementar a sensibilización sobre o acoso sexual e por razón de sexo entre o persoal universitario.
  • Comprender as dinámicas do acoso e o seu impacto no contexto universitario, tanto como persoal como para estudantes.
  • Promover unha resposta eficaz ante casos de acoso baseada na protección da vítima.

Calendario

Calendario:  2 de maio.

Horario: de 08.30 a 14.30 horas.

Programa

1.Definición de acoso sexual e por razón de sexo:
    - Contexto legal.
    - Política da universidade: Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo na Universidade de Vigo.
2.O acoso no contexto universitario.
3.Dinámicas de acoso:
   - Acoso sexual e desigualdade de xénero.
   - Orientación sexual e identidade transxénero.
   - Impacto do acoso no individuo e a organización.
4.Identificando o acoso:
   - Identificar se es vítima de acoso.
   - Sinais de alerta sobre situacións de acoso (colegas, estudantes).
5.Respostas ao acoso:
   - Procedemento de actuación en casos de acoso.
   - Principios de actuación: confidencialidade, xustiza natural, respecto e protección de vítimas.
   - Apoio á vítima, servizos e recursos.
   - Implantando a política da Universidade.
6.Discusión de casos.
7.Prevención. O respecto é cousa de todas as persoas: pasos e responsabilidades para crear un ambiente.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala II do edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan a todo o curso.

Profesorado

Karen Campos McCormack

Cursou estudos do Mestrado Oficial de Estudos de Xénero na University College Dublin. É experta en igualdade con oito anos de experiencia no sector universitario internacional desenvolvendo programas de igualdade e diversidade.

 Para a University College Dublin deseñou as políticas de Igualdade, Dignidade e Respecto; e Identidade e Expresión de Xénero; implantou os programas efectivos de formación e sensibilización en prevención do acoso e xestionou o Fondo de Igualdade.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos