Aprendizaxe baseada en competencias e avaliación (Campus de Vigo)

Información do curso

Aprendizaxe baseada en competencias e avaliación (Campus de Vigo)


Tipo Cursos de formación do persoal
Código PFPPABC17VI
Nome Aprendizaxe baseada en competencias e avaliación (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

A finalidade desta formación é axudar ao profesorado a desenvolver as súas prácticas docentes en base a competencias e deseñar actividades para avalialas.   

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Aprendizaxe baseada en competencias e avaliación insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. O curso está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 24/02/2017 12:00 - 24/03/2017 23:59
Período de docencia 29/03/2017 - 30/03/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Homoxeneizar o sentido de aprendizaxe baseada en competencias.
  • Reflexionar sobre os cambios educativos que supón esta aprendizaxe.
  • Formular obxectivos baseados en competencias.
  • Avaliación de competencias:
    Indicadores
    Técnicas
    Organización da cualificacións

Calendario

Calendario: 29 e 30 de marzo.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

1.Contexto e perfil académico-profesional.

2.Competencias.

3.Contidos e estratexia de ensino-aprendizaxe.

4. Avaliación:

-Formulación de indicadores.

-Técnicas de recollida de evidencias.

-Procedementos para a creación de rúbricas.

-Organización da cualificación.

5. Titoría.

6. Conclusións e perspectivas.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan, cando menos, ao 80% das sesións presenciais e superen as actividades de avaliación.

Profesorado

Aurelio Villa Sánchez

É doutor en Pedagoxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e diplomado en Psicoloxía Clínica. É director da Escola de Negocios Afundación. Impartiu docencia na Universidade Deusto en materias  como Didáctica Xeral, Historia da Educación, TIC aplicada á Xestión Académica, Metodoloxía Cuantitativa ou  Métodos de investigación. É coautor de libros relacionados coa temática da conferencia como  «Aprendizaje Basado en Competencias. Una propuesta para la evaluación de competencias genéricas» e « Experiencia multidisciplinar del desarrollo de competencias y créditos transferibles en el contexto universitario», entre outros.

Participou en multitude de proxectos de I+D+i como a  «Análisis de herramientas de evaluación de la calidad docente mendiante contrastes basados en estándares internacionales de excelencia», «El aprendizaje autónomo y formación en competencias genéricas en la Universidad», «Evaluación del profesorado» ou «Multidimensionalidad del modelo de profesor ideal; condicionantes estructurales que lo determinan».

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos