Atopa o teu curso

Información do curso

Propiedade intelectual e persoal docente universitario (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do persoal docente
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Código PFPPPPROP17OU
Nome Propiedade intelectual e persoal docente universitario (Campus de Ourense)
Modalidade presencial
Horas 8
Descrición

 

Nesta actividade formativa farase unha análise dos temas de propiedade intelectual que afectan ao persoal universitario, en particular a titularidade dos resultados da actividade do profesorado universitario, a utilización de materiais doutras persoas na docencia e na investigación, a propiedade intelectual na era dixital,  posibles negocios sobre estes dereitos e a defensa dos resultados de investigación fronte ao uso indebido por outras persoas.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso de Propiedade intelectual e persoal docente universitario insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 09/02/2017 12:00 - 07/04/2017 23:59
Período de docencia 20/04/2017 - 21/04/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Ter unha visión dos problemas, retos e solucións sobre a propiedade intelectual na universidade e resolver as dúbidas que nesta materia se podan formular polas persoas asistentes.

Calendario

Calendario: 20 e 21 de abril de 2017.
Horario: de 16 a 20 horas.

Programa

  1. Introdución á propiedade intelectual.
  2. Regulación.
  3. Dereitos de propiedade intelectual.
  4. Réxime xeral de titularidade dos dereitos.
  5. Licenzas Creative Commons
  6. Propiedade intelectual:
    1. Do alumnado.
    2. Da universidade.
    3. Do PDI.
    4. Do PAS.
  7. Titularidade dos dereitos de propiedade intelectual das universidades: principais problemas.
  8. Persoa traballadora asalariada-autora.
  9. Propiedade intelectual (PI) e adquisicións.
  10. PI do PDI: descubrimentos científicos.
  11. PI na era dixital.
  12. PI nas leis.
  13. PI noutras normas.
  14. Open Access.
  15. Difusión en novos formatos: e-book e bibliotecas.
  16. Programas de ordenadores.
  17. Bases de datos.
  18. A propiedade intelectual nas teses doutorais.
  19. Lei de modificación da LPI:
    1. Citas.
    2. Compensación por copia privada.
    3. Usos educativos.
  20. PI e entidades de xestión.
  21. A defensa dos dereitos de PI.
  22. A explotación dos dereitos de PI, nova fonte de ingresos?
  23. Negocios relativos á  propiedade intelectual.
  24. Lei de transparencia e Lei de reutilización da información do sector público e open data.

Impartido en

Campus de Ourense. Aula 0.6 do edificio de Ferro.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Carlos A. Gómez Otero

Licenciado en Dereito e Diplomado pola Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Funcionario da escala de Técnico superior de Administración da USC, do Corpo Superior da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e da escala de Xestión da USC. Ocupou os postos de xefe de Sección do Gabinete Xurídico, de Xefe de Servizo de Asesoría Xurídica e de Secretario Xeral Adxunto  da USC dende o ano 2002. Participou en libros, artigos e capítulos de libros sobre temática universitaria. Impartiu seminarios, cursos e conferencias relacionadas co réxime xurídico universitario. Membro do Equipo Español de Expertos de Bolonia (BET). Especialista no marco xurídico de creación de Empresas de Base Tecnolóxica,  transferencia de resultados de investigación e en Administración Electrónica, onde coordinou traballos no Sistema Universitario Español. Membro da Xunta directiva da Asociación Española para el Estudio del Derecho Universitario (AEDUN).

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos