Intelixencia emocional e competencias transversais na aula (Campus de Vigo)
Información do curso
Intelixencia emocional e competencias transversais na aula (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPP17VI | ||||
Nome | Intelixencia emocional e competencias transversais na aula (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | As competencias transversais son aquelas xenéricas e comúns para a maioría das profesións e que se relacionan coa posta en práctica integrada de aptitudes, trazos da personalidade, coñecementos e valores adquiridos. Esta actividade formativa ten como finalidade afondar no desenvolvemento das competencias transversais para o desenvolvemento persoal e profesional (autoestima, empatía, asertividade, traballo en equipo, resolución de conflitos...). |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O curso Intelixencia emocional e competencias transversais na aula insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 03/02/2017 12:00 - 21/04/2017 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 04/05/2017 - 31/05/2017 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:
- Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
- Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.
Obxectivos
- Coñecer que son as emocións e aprender a manexalas.
- Como inflúen as emocións nos nosos resultados.
- Desenvolver habilidades necesarias para o desenvolvemento persoal e profesional.
- Aprender a desenvolver no alumnado as competencias transversais a través de actividades práctica e adestramento.
Calendario
Calendario: 3, 4, 9, 10 e 11 de maio.
Horario: de 16.30 a 20.30 horas.
Programa
1.Introdución á Intelixencia Emocional (IE):
-Que é IE?
-Que é o talento?
-Competencias transversais.
2.Competencias emocionais:
-Intelixencia intrapersoal.
-Intelixencia interpersoal.
3.Competencias intrapersoais:
-Modelos de desenvolvemento de competencias emocionais.
-Ferramentas de autocoñecemento e autoestima.
4.Competencias interpersoais:
-Intelixencia social.
-Que é a intelixencia social?
-Fortalezas e carácter. Empatía.
5.Benestar e felicidade:
-Psicoloxía positiva.
-Esencia do benestar.
Impartido en
Campus de Vigo.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.
Profesorado
Ana Belén Sanjuán Núñez
É licenciada en Psicopedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, MBA pola Universidade da Coruña e Programa de Desenvolvemento Directivo pola Escuela de Negocios Novacaixagalicia. Está certificada en Coaching sistémico por equipos por ICF (International Coach Federation) e é Coach senior pola AECOP (Asociación Española de Coaching Executivo-Organizativo e Mentoring).
Ao longo da súa traxectoria profesional sempre estivo vinculada aos departamentos de RRHH e o desenvolvemento de persoas en diferentes compañías de ámbito nacional e internacional. Participa desde 2012 coa Fundación Barrié, na coordinación de MentoresBarrié (a rede de mentoring da Fundación Barrié) e en CompeteXGalicia, un programa de desenvolvemento de competencias para a empregabilidade das persoas tituladas. É formadora habitual de EducaBarrié na área de intelixencia emocional.
Na actualidade colabora con diferentes empresas e organizacións en proxectos de coaching, mentoring e desenvolvemento directivo.
María Belén Varela Romero
Avogada e especialista na dirección de persoas. A súa traxectoria directiva inclúe multinacionais do sector servizos, alimentación e automoción. Formou parte dos comités de relacións laborais de ANFACO e CEAGA e é presidenta de AEDIPE (Asociación Española de Dirección e Desenvolvemento de Persoas) en Galicia.
Nos últimos anos dedicouse ao estudo do comportamento humano nas organizacións e a explorar o campo das fortalezas humanas e o benestar subxectivo. É autora de La rebelión de las moscas. Reflexiones, principios y pautas para una organización optimista.
Na actualidade é profesora en varias escolas de negocios e imparte cursos e conferencias sobre a xestión do optimismo, liderado e fortalezas para a felicidade.