Atopa o teu curso

Información do curso

O modelo flipped classroom na docencia universitaria (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do persoal docente
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Código PFPPFLIP17VI
Nome O modelo flipped classroom na docencia universitaria (Campus de Vigo)
Modalidade semipresencial
Horas 25
Descrición

A actividade formativa ten como obxectivo coñecer o modelo Flipped Classroom para lograr unha aprendizaxe eficiente no século XXI, imos analizar a súa posible aplicabilidade no contexto da Educación Superior, as vantaxes do seu desenvolvemento así como os problemas ou inconvenientes.

Realizaremos un percorrido por mais de 100 ferramentas e recursos dispoñibles para ser utilizados, centrándonos nalgunhas delas, que esixirán a creación de contidos didácticos por parte da persoa participante. Tamén reflexionaremos sobre a relación deste modelo con metodoloxías de tipo indutivo.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso O modelo Flipped Classrom na docencia universitaria  insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/02/2017 12:00 - 01/06/2017 23:59
Período de docencia 22/06/2017 - 07/07/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Coñecer, analizar, aplicar e avaliar a metodoloxía inversa no ámbito da educación superior.
  • Potenciar o cambio metodolóxico, poñendo a énfase máis no na aprendizaxe do alumnado que  no profesorado.
  • Adaptar o enfoque Flipped Classroom (FC) ao contexto específico e a natureza de cada materia de aprendizaxe implicada
  • Coñecer e analizar os conceptos básicos do modelo FC a partir das distintas experiencias desenvolvidas.
  • Analizar o grao de integración técnica e coherencia metodolóxica das ferramentas 2.0 no contexto do FC.
  • Utilizar as ferramentas 2.0 e os recursos móbiles gratuítos como medio de optimización pedagóxica e de xestión.

Calendario

Parte virtual: do 22 ao 28 de xuño e do 3 ao 7 de xullo.
Parte presencial: 29 e 30 de xuño de 16.30 a 19.30 horas.

Programa

  1. Concepto, elementos e evidencia científica da eficacia do modelo flipped classroom (FC).
  2. Ferramentas dispoñibles para o desenvolvemento do modelo FC.
  3. Principios comúns ao desenvolvemento do proxecto: obxectivos, contidos e avaliación.
  4. Puntos fortes e febles para o desenvolvemento de proxectos FC.
  5. A web do proxecto Flipped Classroom_www.theflippedclassroom.es
  6. Experiencias sobre o desenvolvemento do modelo FC.
  7. Algunhas ferramentas da web 2.0 para a xeración de contidos FC.
  8. Apps educativas (Android  e iOS) para a xeración de contidos FC.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala IV do edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso e que superen as actividades da parte virtual.

Profesorado

Raúl Santiago Campión

É doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Navarra. Actualmente é profesor da Área de Didáctica e Organización Escolar na Universidad de La Rioja. Foi director da Área de Recursos Multimedia da Fundación da devandita universidade. Participou como asesor en paroxectos nacionais e europeos sobre aplicacións das TIC na educación. É director do Mestrado en Metodoloxías e Tecnoloxías Emerxentes Aplicadas á Educación e autor de varios libros e artigos sobre innovación educativa.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos