Estratexias para visibilizar a produción científica (Modalidade virtual)

Información do curso

Estratexias para visibilizar a produción científica (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPESTR17VIR
Nome Estratexias para visibilizar a produción científica (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 12
Descrición

O curso  pretende dotar ás persoas participantes das nocións básicas no manexo de bases de datos científicas así como dos indicadores bibliométricos que cada unha delas ofrece. Está dedicado á creación de perfís científicos para monitorar e aumentar a visibilidade da nosa produción científica, no manexo e creación de sistemas de alertas tanto bibliográficas como de impacto, así como o uso de xestores bibliográficos sociais. Tamén incidirá no uso de identificadores de autor/a así como na xestión, exportación e importación do CV científico a distintas plataformas e formatos, con especial incidencia no CVN, ORCID, ResearcherID e o Author Identifier de Scopus.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O  curso Estratexias para visibilizar a produción científica insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 26/01/2017 12:00 - 07/04/2017 23:59
Período de docencia 08/05/2017 - 19/05/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

 

Obxectivos

  • Aprender a establecer sistemas de alerta de información científica en diferentes bases de datos tanto baixo subscrición como gratuítas para monitorar a publicación de traballos relacionados co noso ámbito científico así como para controlar o impacto científico da nosa produción.
  • Crear perfís científicos que outorguen visibilidade á nosa produción científica e que tamén nos sirvan como servizo de xestión do noso CV científico.
  • Coñecer os diferentes códigos e identificadores de autores/as existentes actualmente tanto aqueles que proveñen da iniciativa pública como privada, entender a súa relevancia e motivación, e a pertinencia que teñen para xestionar o noso CV e solicitar proxectos de investigación.
  • Manexar os principais identificadores e códigos de autores/as así como aprender a exportar o noso CV a distintos formatos así como actualizalo de maneira rápida e eficiente.

Calendario

Calendario: do 8 ao 19 de maio.

 

Programa

Módulo I. Fontes de información científica e indicadores bibliométricos
-A xestión da firma científica
-Web of Science e Scopus: que indicadores ofrecen?
-Google Scholar Citations e o índice H
-Aplicacións prácticas: o caso de UGRinvestiga

Módulo II. Creación de perfís científicos
-O impacto e a visibilidade científica
-As redes sociais científicas: ResearchGate e Academia.edu
-Mendeley: o xestor social de información científica
-Os perfís de Google Scholar Citations

Módulo III. Sistemas de alertas
-A vixilancia da información científica
-Sistemas de alerta bibliográfica: bases de datos comerciais
-A ciencia 2.0 e as canles sociais para identificar información científica
-Sistemas de alerta de impacto científico: citas recibidas e seguimento das publicacións doutros investigadores/as

Módulo IV. Identificadores e códigos de autores/as
-O manexo do CV científico Por que é necesario?
-Currículo vitae normalizado e os sistemas de xestión da información científica
-Formatos e plataformas de CVN: FECYT e SICA2
-ORCID: o identificador de autores universal
-Os identificadores de autores comerciais: ResearcherID (Thomson Reuters) e Author Identifier (Scopus)
-Intercambio de información: Como exportar o teu CV dunha plataforma a outra?

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas que superen as diferentes actividades de avaliación do curso.

Profesorado

Daniel Torres-Salinas

É doutor en Documentación Científica pola Universidade de Granada, traballa como técnico de investigación nas universidades de Navarra e Selecta. Pertence como investigador ao Grupo EC3 (Avaliación da Ciencia e a Comunicación Científica. Membro fundador de CEO da Spin-off EC3metrics. Coautor de varios produtos científicos como Cientificacvn, Ránking I-UGR de universidades, Clasificación Integrada de Revistas Científicas (CIRC), Bipublisher e UGRinvestiga. A súa liña de investigación é a avaliación da Comunicación Científica. Para máis información: https://sites.google.com/site/torressalinas/


Rafael Repiso Caballero

É doutor en  Documentación e é profesor da Universidad Internacional de La Rioja. Pertence como investigador ao Grupo EC3 (Avaliación da Ciencia e a Comunicación Científica. Membro fundador de CEO da Spin-off EC3metrics e dos grupos PROCOMM (UNIR) e Comunicar. Para máis información: http://rafaelrepiso.com/cv/

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos