Manipulación de imaxes dixitais (Campus de Vigo)

Información do curso

Manipulación de imaxes dixitais (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPMA17VI
Nome Manipulación de imaxes dixitais (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición

Esta actividade é unha iniciación ao manexo de imaxes dixitais. Está destinado a calquera persoa interesada na manipulación básica de imaxes para a súa publicación en Internet, na preparación de figuras ou láminas para traballos e publicacións, paneis de congresos, presentacións etc. A ferramenta empregada será o programa de código aberto GIMP (GNU Image Manipulating Program).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Manipulación de imaxes dixitais insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2017. Está organizado pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 20/01/2017 12:00 - 26/06/2017 23:59
Período de docencia 03/07/2017 - 14/07/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Obxectivos

  • Coñecer e usar as potencialidades básicas do programa GIMP
  • Modificar imaxes segundo as necesidades do seu uso final
  • Crear composicións de imaxes mediante o uso de capas
  • Aplicar textos, filtros e complementos avanzados de GIMP
  • Crear figuras complexas e pósteres para publicacións

Calendario

Calendario: 3, 4, 5, 6, 7, 10,11, 12, 13 e 14 de xullo.
Horario: 12 a 14 horas.

Programa

  1. A interface de GIMP.
  2. Formatos, dimensións e resolución.
  3. Transformacións básicas.
  4. Cores, brillos, contraste.
  5. Selección e máscaras.
  6. Pinceis e recheos. Traxectos.
  7. Capas. Composición dunha figura.
  8. Texto.
  9. Filtros.
  10. Combinación con imaxes vectoriais.
  11. Creación dunha base de datos de imaxes.

Impartido en

Campus de Vigo. Sala IV do edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% do curso.

Profesorado

Manuel Megías Pacheco

Profesor titular da Universidade de Vigo

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos