Obradoiro de xestión do multilingüismo nas aulas

Información do curso

Obradoiro de xestión do multilingüismo nas aulas


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00036
Nome Obradoiro de xestión do multilingüismo nas aulas
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 10
Descrición

Curso destinado, principalmente, a profesorado da comunidade universitaria interesado en aprender a afrontar eficazmente situacións lingüísticas que poden resultar incómodas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/02/2017 09:00 - 17/02/2017 14:00
Período de docencia 29/03/2017 - 06/04/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25
Validación de libre elección 0

Destinatarios/as

Profesorado da comunidade universitaria, principalmente.

Obxectivos

  1. Tomar conciencia do plurilingüismo no mundo actual e na universidade en particular
  2. Aprender a respectar, protexer e promover a diversidade lingüística e cultural.
  3. Aprender a mellorar a situación da lingua galega no marco de respecto á diversidade.
  4. Coñecer os dereitos e deberes lingüísticos no eido da docencia universitaria.
  5. Aprender a evitar e a xestionar conflitos lingüísticos nas aulas.

Criterios de selección

Por rigorosa orde de chegada da documentación.

Calendario

Mércores 29 de marzo (de 12.00 a 15.00 h)

Xoves 30 de marzo (de 12.00 a 14.00 h)

Martes 4 de abril (de 12.00 a 14.30 h)

Xoves 6 de abril (de 12.00 a 14.30 h)

Programa

PROGRAMA DO CURSO

 

1  A diversidade lingüística no mundo

    1.1  Relación entre diversidade natural, cultural e lingüística

    1.2  Datos sobre a diversidade lingüística, a morte das linguas e a situación do galego

    1.3  Os prexuízos lingüísticos que nos afectan e as condutas lingüísticas máis habituais

 

2  O marco legal para as linguas na docencia universitaria

    2.1  Omarco legal da docencia universitaria: dereitos e deberes lingüísticos

    2.2  A(s) lingua(s) das aulas, dos materiais docentes, dos exames, dos programas e das programacións

    2.3  A(s) lingua(s) do PDI e do alumnado (nativos e de fóra)

 

3  Condutas asertivas. Boas prácticas

    3.1  Revisión das actitudes lingüísticas en Galicia

    3.2  A converxencia lingüística como conduta de submisión. Consecuencias

    3.3  Estrés lingüístico

    3.4  Fundamentos psicolóxicos para a intervención: consciencia lingüística e aspectos pragmáticos

    3.5  Como elixir unha actitude lingüística e mantela

    3.6  Comportamento lingüístico asertivo

 

 

 

 

Modo de pagamento

Gratis para os membros da comunidade universitaria e 20 euros para o público en xeral.

Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria terán tres días para acreditar a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo da matrícula do curso 2016/2017 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).

As persoas que non pertenzan á Universidade terán un prazo de tres días para pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en Abanca, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:

  • Concepto: código do curso (ANL00036)
  • Importe: 20 euros

As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.

No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.

Impartido en

Campus de Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución

Observacións

O curso estará recoñecido con 10 horas de traballo.

Sistema de avaliación

Para obter o diploma correspondente, cómpre asistir ao 80 % das clases.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos