Escribir en internet

Información do curso

Escribir en internet


Tipo Curso de idiomas
Código ANL00031
Nome Escribir en internet
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 25
Descrición

Curso destinado a persoas interesadas en mellorar a redacción de textos destinados á web.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 813 574
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/02/2017 09:00 - 06/02/2017 13:15
Período de docencia 01/03/2017 - 31/03/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Membros da comunidade universitaria e público en xeral.

Obxectivos

  1. Escribir documentos orientados para publicar na web.
  2. Reflexionar e traballar as características propias da elaboración dun texto destinado a ler en pantalla.
  3. Traballar as nocións de captar a atención de xeito rápido, manter unha correcta distribución, corrección e claridade.

      

Criterios de selección

Por rigorosa orde de chegada da documentación.

Calendario

É un curso virtual.

Programa

 

PROGRAMA DO CURSO

 

Tema 1. A redacción web

1  O feito de redactar

2  Quen o pode facer?

3  Para quen escribimos?

4  Que é a usabilidade?

    4.1  Jakob Nielsen

    4.2  Como lemos nunha pantalla?

    4.3  A pirámide invertida

    4.4  Algunhas recomendacións

    4.5  A lexibilidade

    4.6  Outros aspectos da lexibilidade

5  Que debe ter o noso texto?

    5.1  Claridade

    5.2  Corrección

    5.3  Concisión

    5.4  Contidos interesantes

    5.5  Creatividade

    5.6  Unha boa distribución

6  Escrita e buscadores

7  Escribir en redes sociais

    7.1  Escribir para Twitter

    7.2  Escribir para Facebook

 

Tema 2. Unha web lexible

1  A lexibilidade na web

    1.1  A xerarquía

    1.2  Contraste

    1.3  Interliñado

    1.4  Espazo entre letras e tipografías

    1.5  Lonxitude da liña

    1.6  Uso ocasional da letra grosa

2  Unha web lexible

3  Como enfrontarnos ao texto web?

4  Simplificar o texto web

5  Coidar a lingua

6  Eliminar o superfluo

7  Visualizar o texto

 

Tema 3. Construír unha pirámide invertida

1  Usar a pirámide invertida

    1.1  Niveis de utilización da pirámide invertida

2  Definición da pirámide invertida

    2.1  Elementos da pirámide invertida

3  Criterios de lonxitude dos textos

4  Estratificación da información

5  Pirámide invertida e modelos de titulación

    5.1  O segundo modelo de titulación

6  Fórmulas non axustadas ao formato de pirámide invertida

7  Escritura e optimización en motores de busca

8  Linguaxe metafórica?

 

Tema 4. Mellorar os nosos textos na web

1  Palabras que non funcionan para iniciar títulos

    1.1  Comezos e finais

    1.2  Puntos e comas

    1.3  Atribucións e citas

2  Lonxitude, ideas e puntuación

    2.1  Frase curta si

    2.2  Frase longa non

3  Reducir a lonxitude

    3.1  Romper en anacos

    3.2  Desmontar as parentéticas

4  Romper a uniformidade

    4.1  Intertítulos

    4.2  Modelos de intertítulos

    4.3  Enumeración

    4.4  Construír enumeracións

    4.5  Cor para romper a uniformidade

    4.6  O enlace

    4.7  Parágrafos curtos

5  Contidos interesantes

6  Creatividade

7  Por que algúns textos non atraen?

8  É posible a creatividade sen lectura?

 

Tema 5. Enlaces e escrita na web

1  De que están feitos os enlaces?

2  Claves de estilo para os teus enlaces

3  Non ás referencias hipertextuais

4  Ligazóns con medida

5  Ligazóns principais e secundarias

6  Utilizar ancoraxes significativas

7  Que palabras podemos utilizar para as ancoraxes?

8  Colocar os enlaces ao final

9  Utilizar ancoraxes textuais curtas

10  Remitir a páxinas internas, non a portadas

11  Especificar o formato do que enlazamos

 

Tema 6. Redacción web para buscadores

1  Palabras clave

2  Deducir palabras

3  Aproveitando a redacción

4  Estilo directo

5  Mensaxe universalizada

6  Referencias temporais absolutas

7  Escrita estruturada

8  Palabras clave nos títulos

9  Negras e palabras clave

10  Enlaces sobre palabras clave

11  Imaxes e texto

  

Tema 7. Recursos dixitais

1  Correctores automáticos

    1.1  En procesadores de texto

           1.1.1  Como se usan?

    1.2  O menú contextual

    1.3  O cadro de diálogo

    1.4  En páxinas web

2  Dicionarios

    2.1  Dicionarios xerais

    2.2  Glosarios e outros recursos

3  Tradutores

    3.1  Calidade da tradución

    3.2  Tradutores para o galego

    3.3  Tradutor de Google

 

 

 

Modo de pagamento

Gratis para os membros da comunidade universitaria e 40 euros para o público en xeral.

Unha vez aceptada a inscrición, os membros da comunidade universitaria terán tres días para acreditar a súa pertenza á Universidade. Para isto deberán presentar unha copia do resgardo da matrícula do curso 2016/2017 ou o xustificante de ser membro do cadro de persoal (cabeceira da nómina) na Área de Normalización Lingüística, ben persoalmente, ben por correo postal ou electrónico (anl@uvigo.es).

As persoas que non pertenzan á Universidade terán un prazo de tres días para pagar e enviar o correspondente xustificante por correo postal ou electrónico á Área de Normalización Lingüística. O pagamento realizarase en Abanca, no número de conta ES14 2080 0501 12 3110000112:

  • Concepto: código do curso (ANL00031)
  • Importe: 40 euros

As matrículas aceptaranse por rigorosa orde a medida que recibamos a citada documentación.

No caso de cancelación de matrícula, só se devolverán as taxas se se solicita por escrito como mínimo tres días hábiles antes do inicio do curso.

Impartido en

É un curso virtual.

Observacións

O curso estará recoñecido con 25 horas de traballo.

Titulación

Todas as titulacións.

Sistema de avaliación

É obrigatorio realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %, ademais do sistema de avaliación establecido.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos