Obradoiro en didáctica da Estatística

Información do curso

Obradoiro en didáctica da Estatística


Tipo Curso de formación do PDI
Código ARRUB17
Nome Obradoiro en didáctica da Estatística
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 5
Descrición

A docencia estatística require estratexias didácticas que faciliten e melloren as diferentes intervencións educativas.

As rúbricas de avaliación establecen estándares de calidade no proceso de ensino e aprendizaxe, sendo necesario coñecer a forma de construilas e calibralas.
O uso de software específico na docencia de estatística require unha adaptación didáctica para facilitar o proceso de ensino e aprendizaxe.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Obradoiro en didáctica da Estatística é unha actividade formativa é recoñecido pola Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado coma formación permanente do profesorado. 

O procedemento para solicitar o recoñecemento de actividades formativas atópase na seguinte ligazón:

http://profesorado.uvigo.es/vicprof_gl/formacion/formacion/reconecemento/ 

 

Entidades organizadoras

Departamento de Estatística e Investigación Operativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/01/2017 12:00 - 24/01/2017 23:59
Período de docencia 05/05/2017 - 05/05/2017

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade formativa está destinada ao seguinte Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo:

  • Profesorado: catedrático, titular, contratado doutor, axudante doutor, axudante, asociado, de substitución, visitante, lector e emérito.
  • Persoal investigador: posdoutoral da Xunta de Galicia modalidades A e B, Juan de la Cierva, Ramón y Cajal, Isidro Parga Pondal, predoutoral da Xunta, predoutoral da Universidade de Vigo, FPI, FPU e axudante doutor.

Terán prioridade as persoas integrantes do GID I+I=C (Innovación máis investigación igual a calidade) coordinado por José Vicente Novegil Souto.

Obxectivos

  • Aprender a deseñar unha rúbrica como instrumento de avaliación para un proceso de ensino e aprendizaxe da estatística e investigar as súa eficiencia en base a validez e fiabilidade.
  • Aprender a aplicar/deseñar actividades formativas con base a unha adaptación didáctica (plugin) de R e R-commander.

Programa

Rúbricas
Concepto e tipos de rúbricas
Deseño e propostas de rúbricas en Estatística
Calibración
 
Plugin R-Commander
Instalación via web ou local de R/Rcmdr e Plugin
Melloras nos menús de Estatística Descritiva.
Melloras nos menús de inferencia paramétrica.
 

Impartido en

Campus de Vigo. Sala IV do edificio Miralles.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan a todas as sesións do obradoiro.

Profesorado

Tomás R. Cotos Yáñez

É profesor contratado doutor do Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Imparte as seguintes materias: Estatística, Técnicas Operativas Estatísticas, Deseño e elaboración de cuestionarios e análise de datos en investigación turística.
Impartiu diferentes cursos para a Universidade de Vigo e outros organismos:
-Curso  de Introdución ás técnicas estatísticas co SPSS, anos 2008-2012 nos diferentes campus.
-Profesor de Formación para a Sociedade Galega de Estatística e Investigación Operativa.
-Curso de R para prof. de Ensinanza Secundaria Obrigatoria. Ano 2013.

José Vicente Novegil Souto

É profesor titular do Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Imparte a materia de Metodoloxía de Investigación e Estatística.

Impartiu diferentes formacións para a Universidade de Vigo e outros organismos:
-Curso de deseño tecno-pedagóxico dun e-portfolio. 2007-2012
-Curso de meditación de atención  plena  no  proceso de ensino-aprendizaxe. 2009- 2012

Consellería de Educación e O. U. (CAFI)
-Ambientes Persoais de Aprendizaxe e Redes Sociais na Educación  2016.
-Creación de Ambientes Personales de Aprendizaxe 2015.
-As Redes Sociais na Educación. 2013 e 2014.

 

 

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos