PILATES CON ACCESORIOS APLICADO Á FISIOTERAPIA

Información do curso

PILATES CON ACCESORIOS APLICADO Á FISIOTERAPIA


Tipo Curso Complementario
Código C2051506 CANCEL
Nome PILATES CON ACCESORIOS APLICADO Á FISIOTERAPIA
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 801750 - 801752
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Fisioterapia

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 15/12/2014 14:09 - 23/10/2015 23:59
Período de matrícula 12/01/2015 14:11 - 23/10/2015 23:59
Período de docencia 24/10/2015 - 15/11/2015

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 14
Créditos teóricos 0.8
Créditos prácticos 2.2
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

O Curso está destinado a fisioterapeutas e a alumnos de Fisioterapia que, alomenos, no curso 2014-15 sexan de 4º curso do Grao.

Condicións de acceso

Ser diplomado/a ou graduado/a en Fisioterapia ou estar matriculado como alumno de 4º curso do Grao en Fisioterapia no curso académico 2014-15.

Criterios de selección

Preferencia, e por esta orde: fisioterapeutas e alumnos de 4º curso.
Dentro de cada un destes grupos, por orde de preinscrición.
IMPRESCINDIBLE, ter feito a materia optativa "Pilates aplicado á Fisioterapia" do Grao de Fisioterapia da Universidade de Vigo ou ter outra formación básica demostrable sobre o método Pilates aplicado á Fisioterapia (por exemplo, o curso complementario da Universidade de Vigo "Curso de Pilates para fisioterapeutas, mat - nivel I").

Calendario

Do 24 de outubro ao 15 de novembro de 2015.
Horario: sábados 24 de outubro e 14 de novembro: de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e domingos 25 de outubro e 15 de novembro: de 9:00 a 14:00 horas.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Os principios do método Pilates de cara acadar un bo movemento (respiración; alongamento axial e control central; articulación da columna; organización de cabeza, pescozo e ombreiros; alineación e soporte de peso; integración dos movementos).
Fitball: características, indicacións e precaucións.
As cintas elásticas: características, indicacións e precaucións.
Small ball: características, indicacións e precaucións.
Magic circle (aro de Pilates): características, indicacións e precaucións.
Rulo: características, indicacións e precaucións.
Proposta metodolóxica para programar unha clase de Pilates.
Exemplos de clases de Pilates enfocadas á Fisioterapia.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Exercicios de Pilates con fitball e exemplos de clase.
Exercicios de Pilates con cintas elásticas e exemplos de clase.
Exercicios de Pilates con small ball e exemplos de clase.
Exercicios de Pilates con magic circle e exemplos de clase.
Exercicios de Pilates con rulo e exemplos de clase.

Modo de pagamento

O importe da matrícula é de 210 €.

O pagamento farase efectivo en calquera oficina de ABANCA, indicando o código (C2051506) e o nome do curso. ademáis do nome, apelidos e DNI do alumno/a.

Sistema de avaliación

Existirá un control de asistencia: será obrigatoria a asistencia mínima do 80%
Efectuarase unha avaliación continua por parte do profesorado.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos