Análise estatística con RCommander

Información do curso

Análise estatística con RCommander


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPR14
Nome Análise estatística con RCommander
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Descrición

R, co seu ámbito gráfico RCommander, é un software de fontes abertas de referencia nos estudos estatísticos e é unha alternativa ao software comercial para este tipo de estudos. O curso aprende desde a instalación do R Commander ata o manexo de datos, creación de gráficos e á realización de estudos estatísticos descritivos.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax 986818692
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Curso de análise estatística con RCommander está coorganizado pola Oficina de Software Libre (CIXUG) e pola Área de Formación e Innovación Educativa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. A acción formativa insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2014.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 21/05/2014 12:00 - 29/05/2014 23:59
Período de docencia 02/06/2014 - 27/06/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o profesorado e persoal investigador da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software estatístico comercial, como aos non iniciados no campo dos estudos estatísticos, no manexo de R, co seu ámbito gráfico RCommander.

Criterios de selección

Ofértanse 20  prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.

Calendario

Do 2 ao 27 de xuño.

Programa

Para acceder á información, prema aquí.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ACTIVIDADE

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Oficina de Software Libre e a Universidade de Vigo a todas as persoas que aproben o exame final en liña e superen o 80% dos contidos do curso.

Profesorado

Miguel Ángel Rodríguez Muíños

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos