Cinco razóns para non organizar un MOOC. E algunhas para facelo - CAMPUS DE VIGO

Información do curso

Cinco razóns para non organizar un MOOC. E algunhas para facelo - CAMPUS DE VIGO


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPP2014VIMOOC1
Nome Cinco razóns para non organizar un MOOC. E algunhas para facelo - CAMPUS DE VIGO
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 2
Descrición

Nesta acción formativa abordarase o novo mundo dos MOOC dende o punto de vista do persoal docente e investigador da universidade. Despois de definir brevemente este concepto e de repasar o estado actual dos MOOC no mundo da educación superior, proporcionarase unha visión de como montar un MOOC de forma sostible, alcanzable, práctica e da cal o profesorado saia con satisfacción.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986813596
 · Fax 986818692
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A conferencia insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2014. As devanditas accións formativas están organizadas pola Área de Formación e Innovación Educativa da  Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.

Esta actividade pretende aportar máis información sobre os uso dos MOOC en consonancia coa Convocatoria Soporte para o Desenvolvemento e Implantación de Accións de Innovación Educativa 2014 que estará centrada neles. Para máis información da convocatoria: http://vicadc.uvigo.es/vicadc_gl/innovacion/ 

Tamén se poñerá énfase en que tipos de MOOC son máis relevantes, a internacionalización que supoñen, a relación co ensino non universitario e a permanente; e a importancia na divulgación científica. Farase un repaso crítico, loxicamente, ás diferentes plataformas de MOOC e iniciativas públicas e privadas.

Na conferencia comentaranse aspectos clave como a sinxela produción de vídeos e outros recursos educativos  abertos; e comentaranse as diferenzas cun curso virtual sobre plataformas de campus como Moodle. Acometerase así mesmo o papel do profesor como dinamizador e o papel dual do alumnado, onde actúan tamén como persoas avaliadoras.

Finalmente, despois dunha reflexión sobre o papel do profesor e das universidades no cambio case subversivo que supoñen os MOOC, levarase a cabo unha curta actividade interactiva para dar algunhas pistas positivas sobre a planificación, montaxe i avaliación dun MOOC.

Os MOOC poden supoñer, debidamente implantados, unha nova oportunidade para o profesorado, onde docencia e investigación se poden dar da man, onde a palabra innovación adquire moito sentido. Os MOOC permiten evolucionar ao profesorado cara á innovación na docencia, en forma parecida ao que xa acontece na investigación.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 11/04/2014 12:00 - 23/04/2014 23:59
Período de docencia 24/04/2014 - 24/04/2014

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Resumir en que consisten os MOOC.
  • Entender a funcionalidade dos MOOC no ensino superior.
  • Argumentar as principais vantaxes do uso dos MOOC como innovación educativa.
  • Analizar o papel do profesorado nos MOOC.

Calendario

O día 24 de abril de 12 a 13 horas.

Programa

    1. Todo o mundo pode organizar un MOOC. Si o conferenciante, profesor e investigador de Química Cuántica fíxoo, vós tamén podedes.
    2. Vinte e tres claves para montar un MOOC e gozar niso.
    3. Pero montar un MOOC non é o mesmo que facer un curso en Moodle?
    4. Dez preguntas sobre MOOC dez.
    5. Traede vosos smartphones, tabletas ou portátiles! Encontro presencial na rede para montar un MOOC.
    6. Discusión.

Impartido en

Campus de Vigo. Aula 101 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (aula de gravación automatizada de clases).

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a toda a sesión.

Profesorado

Miquel Durán Portas

Catedrático de Química  Física da Universitat de Girona

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos