Obradoiro de formación para o desenvolvemento "Achégate ao Sur"

Información do curso

Obradoiro de formación para o desenvolvemento "Achégate ao Sur"


Tipo Taller
Código Inf.2013.01
Nome Obradoiro de formación para o desenvolvemento "Achégate ao Sur"
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 15
Información de contacto:  
 · Teléfono 986224990
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse á análise das causas da pobreza; desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; coñecer as propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural; adquirir unha visión crítica da nosa realidade social e realizar prácticas solidarias.

O obradoiro"Achégate ao Sur" busca a participación activa das persoas que o realicen e preténdese que incorporen as súas expectativas e experiencias previas para que a aprendizaxe adquirida posibilite un proceso de crecemento persoal e social.

Entidades organizadoras

Campaña Impórtanos! (www.importanos.org), do Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade do Concello de Vigo.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 03/10/2013 09:00 - 08/11/2013 23:59
Período de docencia 06/11/2013 - 04/12/2013

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Alumnado da Universidade de Vigo

Poboación xeral

Obxectivos

OBXECTIVO XERAL

Fomentar a comprensión e o exercicio dunha cidadanía global comprometida coa xustiza e a solidariedade na sociedade civil.

OBXECTIVO ESPECÍFICO

Ofrecer novos espazos de reflexión, intercambio e coñecemento das desigualdades Norte-Sur que favorezan a participación en propostas que promovan o encontro intercultural, a igualdade e a transformación social

Calendario

5 sesións: os mércores 6, 13 e 27 de novembro, o venres 22 de novembro e o mércores 4 de decembro de 2013, sempre de 17:00 a 20:00 horas.

 

 

 

Programa

PRIMEIRA SESIÓN: Desde onde miramos a realidade (6 de novembro)

1. Presentación do obradoiro Achégate ao Sur.

2. Introdución dos contidos do obradoiro a través da reflexión sobre as relacións Norte-Sur, a pobreza no mundo e a interculturalidade.

SEGUNDA SESIÓN: Análise de desigualdades Norte – Sur (13 de novembro)

1. O mundo patas arriba, cal  é a novidade?

2. Os rostros da desigualdade

3. Signos de esperanza

TERCEIRA SESIÓN: Teorías de Desenvolvemento e políticas de Cooperación Internacional (20 de novembro)

1.Orixes e evolución do concepto de desenvolvemento

2. Enfoque sociolóxico: teorías do desenvolvemento e da axuda (enfoque Guy Bajoit)

3. Tendencias da cooperación ao desenvolvemento

 CUARTA SESIÓN: Xénero e Desenvolvemento (27 de novembro)

1. Sistema Sexo-Xénero

2. Identidade de xénero
3. Situación das Mulleres no Mundo e Desenvolvemento Humano

 QUINTA SESIÓN: Cidadanía, Participación e Estilos de vida (4 de decembro)

1. O concepto de solidariedade, hoxe.
2. Cidadanía e participación social

3. E nós, que podemos facer?

Modo de pagamento

Gratuíto

Impartido en

Aula 33 da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo, rúa Torrecedeira nº 105.

Observacións

15 horas computables para créditos ECTS

Titulación

Todas as titulacións

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos