EXÁMEN DE ACREDITACIÓN DEL NIVEL B1 DE INGLÉS (xaneiro 2013)

Información do curso

AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.

EXÁMEN DE ACREDITACIÓN DEL NIVEL B1 DE INGLÉS (xaneiro 2013)


Tipo Curso de idiomas
Código 967
Nome EXÁMEN DE ACREDITACIÓN DEL NIVEL B1 DE INGLÉS (xaneiro 2013)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 22 50
 · Fax +34 986 81 86 49
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Os alumnos examinaranse das 4 destrezas: listening, speaking, reading y writing, así como de vocabulario e gramática.

Para obter o diploma no que se acredite o nivel B1 de Inglés haberá que aprobar as catro destrezas

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 17/12/2012 13:49 - 18/01/2013 14:00

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Destinatarios/as

Solicitantes da bolsa Erasmus e outros interesados que necesiten acreditar o nivel B1 de Inglés

Calendario

DATA DA PROBA:

VIGO:

  • NIVEL B1: Sábado, 19 de xaneiro ás 10:00 - Fac. de Filoloxía e Traducción (Aula C1, C2 y C3, Pavillón C)

OURENSE :

  • NIVEL B1: Venres, 18 de xaneiro ás 10:00 - Politécnico (Aula 1.5)
  • 

PONTEVEDRA:

  • NIVEL B1: Venres, 18 de xaneiro ás 10:00 - Fac. de Ciencias Forestais -(Aula 5)

Modo de pagamento

Inscripción na proba: 

  • 40 € para os solicitantes do programa de Erasmus.

Pagarán 40 euros como solicitantes de bolsa de intercambio, quedando pendentes de presentar copia da solicitude no Centro de Linguas no momento da publicación da convocatoria ou pagar os 10 euros restantes se non se presentan finalmente. O certificado entregaráselles cando presenten toda a documentación.

  • 50 € para membros da comunidade universitaria de Vigo.

  • 70 € para o resto de interesados 

O pago se realizarase no Banco Santander, indicando o código do exame (967).

Número de conta bancaria: 0049 6141 9825 1000 7984

IMPORTANTE: A cancelación da matrícula ou a non comparecencia a proba, ainda por causas xustificadas graves, non dará dereito, en ningún caso,  a devolución da matrícula.

Observacións

Pasos para matricularse:

1. Rexistrarse en https://bubela.uvigo.es . Se xa estás rexistrado, só é necesario facer a inscrición online na proba.
2. Facer a inscrición online na proba, seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar o importe da matrícula no Banco Santander, indicando o código do exame 967 (Número de conta: 0049 6141 98 2510007984).
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo):

  • escaneada ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es ,
  • por fax ao número 986 81 86 49,
  • ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas da Facultade de Filoloxía e Tradución (Pavillón Central).

En ningún caso se entregará a documentación por Rexistro.

5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de matrícula, cómpre poñerse en contacto co Centro de Linguas. 

*Documentación requirida:

  • Impreso de matrícula xerado unha vez feita a inscripción online.
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de ingreso bancario.
  • Copia da solicitude de bolsa Erasmus
  • Copia da matrícula na Universidade de Vigo

Titulación

Para obter o diploma no que se acredite o nivel haberá que aprobar as catro destrezas con unha nota mínima de 12.5/25 cada unha e obter unha nota global de 60/100.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos